O Colexio de Arquitectos inaugura a mostra Galicia en Foco coas imaxes máis impactantes do ano

folgosoA exposición recolle 35 fotografías de fotoxornalistas dos medios galegos

O fotógrafo ourensán Carlos Folgoso foi o gañador desta edición cunha fotografía dos incendios do verán

ACTO INAUGURACIÓN
-sede Colexio de Arquitectos de Galicia. Casa da Conga_A     Quintana
-20:00 horas


A sala de exposicións do Colexio de Arquitectos de Galicia acolle ata o 31 de decembro a vixésima segunda edición da mostra ‘Galicia en Foco’, actividade programada pola Delegación de Santiago, que se inaugurará esta tarde ás 20:00 horas na Casa da Conga. A exposición retracta, en impactantes imaxes, a realidade máis destacada de Galicia nestes últimos meses.

A urbanista Ester Higueras avoga polo control ambiental da periferia para mellorar a “huella ecológica” de Santiago

HiguerasA profesora da ETSA de Madrid intervén o venres e o sábado na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia finaliza unha nova edición das xornadas bioclimáticas coa presenza da arquitecta e urbanista Ester Higueras, profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. A súa dobre sesión, de venres tarde e sábado mañá, versará sobre as ordenazas ambientais e as estratexias de planeamento e edificación para Santiago.

A padronesa Cortizo presenta a súa intervención na fachada dun edificio con lamas de protección solar en aluminio

mensaxeriaA obra forma parte da nova corporación dunha empresa de mensaxería en l’Hospitalet de Llobregat

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia continúa coa celebración das XIV Xornadas de Arquitectura  Bioclimática. A sesión de hoxe venres, ás 19:00 horas na sede do Colexio, ten como protagonistas a dúas empresas colaboradoras das xornadas: Cortizo, que centra o seu negocio nos sitemas de aluminio para a arquitectura, e Soler & Palau, especializada en ventilación.

As xornadas bioclimáticas presentan produtos de acristalamento axeitados para unha redución sensible da demanda enerxética dun edificio

cristalesA instalación de fiestras eficientes pode reducir ata o 70 % as perdas enerxéticas a través delas

Eduardo de Ramos: “No es posible continuar acristalando con las prestaciones mínimas que nos exige la normativa del CTE. Hay que elevar los niveles de eficiencia, hasta límites económicamente razonables”


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou esta tarde unha nova sesión das XIV Xornadas de Arquitectura  Bioclimática. O relatorio estivo impartido polo director do CITAV de Saint-Gobain Cristalería, Eduardo de Ramos Vilariño. Falou sobre o vidrio e a súa participación na envolvente como elemento de aforro enerxético, mostrando a contribución do acristalamento ao aforro a través da limitación da demanda enerxética.

Arquitectos composteláns deseñan a carta bioclimática dun edificio da cidade

Javier_NeilaJavier Neila, arquitecto: “Realizaremos un análisis del clima y del uso del edificio, para obtener un climograma del bienestar”

As xornadas continúan a vindeira fin de semana coas intervencións de representantes de Sistemas Cortizo, da empresa S&P e do INEGA


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia prosegue hoxe coa celebración das XIV Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A sesión contará coa participación do arquitecto e catedrático da Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Javier Neila. Nos talleres do venres e sábado, os asistentes deseñarán unha carta bioclimática para Santiago, en base á actividade dun edificio ficticio situado nalgún punto da cidade e dos seus posibles ocupantes.