Cámara Comercio Santiago

A Cámara de Santiago inicia hoxe unha misión multisectorial a Cuba na que participan 22 empresas

A axenda inclúe reunións coas empresas públicas cubanas e a Oficina Comercial de España na Habana
 
A Cámara de Comercio de Santiago inicia hoxe unha misión comercial a Cuba na que participan vinte e dúas empresas galegas. A acción de internacionalización está organizada en colaboración do Igape e conta co apoio da Unión Europea a través de fondos Feder.

Ler máis: A Cámara de Santiago inicia hoxe unha misión multisectorial a Cuba na que participan 22 empresas

Os emprendedores galegos copan o concurso Aprendeafinanciarte.com con 49 proxectos

Amplíase o prazo para presentar propostas ata o día 21

A final do certame, no que participan Galicia, Extremadura, Castela-A Mancha, Aragón, Murcia e Canarias,  celebrarase en Madrid o 25 de novembro no Foro Nacional Aprende a Financiarte

A Cámara de Comercio de Santiago anuncia a ampliación do prazo de inscrición do II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com ata o próximo día 21 de outubro. O concurso, convocado nas comunidades autónomas de Galicia, Extremadura, Castela-A Mancha, Aragón, Murcia e Canarias, enmárcase dentro do programa Aprendeafinanciarte.com, unha iniciativa da Cámara de España para axudar a pemes, autónomos e emprendedores a atopar o financiamento que necesitan para iniciar ou continuar a súa actividade empresarial. O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Ler máis: Os emprendedores galegos copan o concurso Aprendeafinanciarte.com con 49 proxectos

A Cámara de Santiago revela as principais atraccións económicas de Galicia á delegación xaponesa de Tanabe

Reuníronse hoxe co presidente da Cámara, Jesús Asorey, para establecer contactos con empresas locais

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela reuniuse hoxe cunha delegación de representantes institucionais e do comercio da cidade xaponesa de Tanabe.  O presidente da Cámara, Jesús Asorey, acompañado polo secretario xeral, Fernando Barros, e o técnico de Promoción Internacional, Fernando Pérez-Soba, recibiron ao alcalde da cidade, Mitsutoshi Manago, ao concelleiro de Turismo, Masanori Ogawa, ao técnico responsable de Turismo, Takashi Akashima, ao director de desenvolvemento e promoción turística internacional da Oficina de Turismo de Tanabe e do Camiño Kumano, Brad Towle, ao presidente da Cámara de Comercio e Industria de Tanabe, Ichiro Tachibana, aos vicepresidente da entidade, Takashi Shibata e Koichi Hamaguchi, e ao seu conselleiro Osamu Okihara.

Ler máis: A Cámara de Santiago revela as principais atraccións económicas de Galicia á delegación xaponesa...

A Cámara e o Concello de Santiago abren a convocatoria de axudas para crear emprego e afianzar a economía local

Son subvencións para contratación laboral e a constitución de novas empresas

A actuación forma parte do Programa Local de Apoio ao Emprego 2015

 O Programa Local de Apoio ao Emprego 2015, desenvolto pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago no marco do programa operativo “Adaptabilidad y Empleo” con cofinanciamento do Fondo Social Europeo, abre a convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego ata o vindeiro xoves, 15 de outubro.

Ler máis: A Cámara e o Concello de Santiago abren a convocatoria de axudas para crear emprego e afianzar a...

A Cámara de Santiago e a CEC asinan un acordo para xerar sinerxías, aproveitar economías de escala e evitar duplicidades a favor do seu tecido empresarial

Jesús Asorey, presidente da Cámara:

“A cooperación en formación, comercio exterior e emprendemento fortalecerá a nosa acción e elevará os resultados”

Antonio Fontenla, presidente da CEC:

“Será beneficioso para as empresas e a economía do noso contorno en termos de crecemento, emprego e benestar social”

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e o presidente da Confederación de Empresarios de La Coruña, Antonio Fontenla, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración que persegue xerar sinerxías, aproveitar economías de escala e evitar duplicidades a favor dos intereses económicos e empresariais dos seus respectivos ámbitos de actuación. As dúas entidades teñen a vontade de estreitar as súas relacións, unir esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os contactos e a colaboración nos campos de interese común.

Ler máis: A Cámara de Santiago e a CEC asinan un acordo para xerar sinerxías, aproveitar economías de escala...

Subcategorías