O afamado guitarrista Mark Knopfler deleitará aos espectadores cos acordes do seu último traballo, mañá ás 22:00 horas no Multiusos

markPereza ofrece este venres na Quintana o seu único concerto en Galicia para este verán

O grupo Esguince ofrecerá no Toural unha actuación repleta de versións dos grandes clásicos do rock


As Festas do Apóstolo continúan coa súa programación e actividades festivas ao longo desta semana. Nesta xa case recta final o cartel das festas fortalécese coa presenza de grandes artistas de nivel internacional. Así, esta noite desembarca na Quintana o matrimonio formado por Elvis Costello e Diana Krall. O concerto, para o cal as entradas xa están esgotadas, está concibido como un concerto dobre no que actuará primeiro Diana Krall e a continuación tomará o relevo Elvis Costello, aínda así, non se descarta que a parella poida sorprender ao público coa interpretación conxunta dalgún tema.
Krall, pianista e cantante canadiense de jazz, presentará o seu duodécimo traballo, “Quiet Nights”, con temas relacionados cunha viaxe que a cantante realizou a Brasil. “Quiet Nights” é un álbum íntimo, sensual, seductor, mesmo erótico e con sons da bossa nova e do país carioca, ademais dunha declaración de amor pública ao seu marido. Pola súa parte,  o músico, cantante e compositor británico Elvis Costello trae a Galicia “Secret, profane & sugarcane”, o seu último disco, cheo de música acústica americana.  Esta é a primeira vez que o matrimonio ofrece en Galicia un concerto conxunto.

Por outra banda,  o grupo coruñés de Valdoviño, CrazyPonys, fará un tributo á música de Neil Young esta noite, a partir das 23:30 horas na praza do Toural. A banda nace en xaneiro de 2009, tras varios anos de meditación entre un grupo de amigos sen ningunha base anterior, nin experiencia musical, técnica ou aprendizaxe, tan só ganas de facer música en directo. Comezaron a facer algúns concertos en festas e barbacoas de amigos, e tamén en bares e pubs. Na actualidade están a construír un local novo de ensaio.

Finalmente, e un día máis, haberá espectáculo de luz e cor sobre a fachada da catedral desde o Obradoiro ás once e media como réplica dos grandes fogos da noite do 24.

O guitarrista escocés Mark Knopfler presentará en Compostela o seu álbum “Get Lucky”, mestura de blues, rock e folk

Mañá celebrarase en Santiago o Día de Padrón. A comitiva do consistorio padronés realizará unha visita institucional ao Pazo de Raxoi, onde se levará  a cabo unha recepción cos membros do goberno compostelán.

Xa pola noite, terá lugar unha das actuacións de maior peso e máis agardadas dentro do programa de festas do Apóstolo. O guitarrista escocés Mark Knopfler chega a Santiago da man do Xacobeo 2010 cun gran concerto no Multiusos Fontes do Sar, enmarcado na súa xira española de “Get Lucky”, na que o ex de Dire Straits está presentando novos temas. Este é o seu sexto álbum de estudo en solitario e no que o propio Knopfler o define como “o mapa de toda unha vida, unha volta á infancia”. A nostalxia de tempos pasados inunda o novo traballo discográfico de Knopfler, que retoma o seu particular estilo, mestura de blues, rock e folk, para firmar un puñado de composicións con profundo sabor da “América profunda”.

Mark Knopfler subirá mañá a un escenario de 24 metros de boca e 12 metros de fondo, amparado por 130.000 watios de son e 250.000 watios de iluminación. Ás cincuenta persoas que acompañan ao artista escocés na súa xira internacional, súmanse en Santiago outro medio centenar máis que colaborarán nas tarefas de montaxe. O concerto terá aproximadamente dúas horas de duración.

A música tamén se trasladará unha noite máis ao Toural onde o grupo Esguince (The Paleo Rock Band) dará un concerto a partir das 22:00 horas. A banda ofrecerá versións de pezas dos Beatles, Rolling ou Credence. A entrada será de balde. Ademais, coma tódalas noites desta semana, haberá espectáculo de luz e son desde o Obradoiro a partir das 23: 30 horas.

Pereza en Santiago, único concerto programado para este verán en Galicia

O grupo Pereza presenta este venres-30 de xullo, ás 22:00 horas na praza da Quintana, o seu último traballo discográfico, Aviones. É o sexto álbum de estudo da banda cun son máis acústico e toques de folk e country. Os Pereza terán como teloneiros ao grupo madrileño 84, unha formación que está comezado a despertar e a tocar a nivel nacional e internacional como teloneiros de Julieta Venegas e dentro da xira do Selo Movistar acompañando a Amaia Montero e Ragdog.
A compra das entradas pode relizarse a través de www.servicaixa.com, na taquilla telefónica 902 332 211, no Teatro Principal (en horario de 17:00-21:00 horas) ou directamente na taquilla da Quintana momentos previos ao inicio do concerto.