Organizará misións comerciais a Ecuador e Colombia, Chile e Perú, Sudáfrica e Namibia e coordinará a asistencia a feiras en Qatar, Dubai, Arxentina e Uruguai, Londres e Indonesia
Este amplo programa está destinado a axudar ás compañías a atopar negocio en mercados estranxeiros nas mellores condicións
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago convoca no último trimestre de 2018 nove accións de promoción exterior que comprenden un amplo programa de actividades no ámbito internacional, destinado a axudar ás empresas a atopar negocio en mercados exteriores nas mellores condicións.Dentro do calendario de promoción do Plan Foexga, cofinanciado polo Instituto Gallego de Promoción Económica (Igape), a Cámara de Santiago organizará nestes meses misións comerciais e programará a asistencia a diversas feiras e encontros empresariais. As empresas da demarcación cameral de Santiago e do resto de Galicia poderán participar nas misións comerciais plurisectoriais de Ecuador e Colombia, Chile e Perú, Sudáfrica e Namibia. Ademais, poderán asistir ás exposicións da Feria Heya de Doha (Qatar) de confección feminina, da Feira Big 5 Show de Dubai (EAU) de materiais de construción; ao evento “Obradoiro de sabores” en Arxentina e Uruguai para o sector agroalimentario, coa participación da Consellería do Mar, a Consellería do Medio Rural, Fundación Pública Artesanía de Galicia, Axencia Galega de Turismo e o IGAPE; ao evento expositivo de produtos do mar en Londres; e visitar a Feira Inamarine do sector naval en Surabaya (Indonesia).
Os prazos de inscricións para estas accións de comercio exterior xa están abertos e pódese consultar a súa programación na web da Cámara de Comercio de Santiago (www.camaracompostela.com), así como as licitacións correspondentes para as axencias de viaxe candidatas a organizar ditos traslados.