Ademais, neste derradeiro concerto de “Música en Compostela”, a orquestra tocará obras de Andrés Gaos, Jesús Bal y Gay e Manuel Palau
No marco da 61ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela”, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.