Viúvas de vivos e mortos é unha homenaxe ás mulleres galegas
Forma parte dun disco dedicado a compositores galegos contemporáneos
A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do seu director titular, o mestre Paul Daniel, está a realizar a gravación dun disco no que se poderán escoitar obras de compositores galegos contemporáneos. Ao longo desta semana terá lugar a gravación dunha obra do compositor compostelán Octavio Vázquez, na que ten unha participación destacada como solistas de gaita a recoñecida músico e compositora Cristina Pato.


