Roberto Riobó do Club de Montaña Xesteiras e Lorena Vázquez do equipo C&C Sport Ginevall gañan a proba de trail de Cuntis na categoría senior

O “VI Trail Vila de Cuntis”, patrocinado por Termas de Cuntis, celebrouse o domingo superando os trescentos corredores inscritos 

O balneario Termas de Cuntis patrocinou este pasado domingo o “VI Trail Vila de Cuntis”, organizado polo Club de Montaña Xesteiras. A proba, na que participaron 318 persoas nas modalidades de trail e mini trail –e tamén nas andainas solidarias–, transcorreron polos montes do municipio, con saída desde a Praza das Árbores dirección ao monumento de Maráns, O Pazo, Laxos, Sevil onde cruzaron o río Umia, Vilar de Mato e Alto do Cávado onde se iniciou o regreso por Cequeril, Hermida, Alto do Castro, Sevil, Laxos, O Pazo e Cuntis.

No trail, de 26 quilómetros acumulando un desnivel positivo de 1.330 metros aproximadamente, resultou gañador da proba na categoría senior masculino Roberto Riobó Estévez do Club de Montaña Xesteiras cun tempo de 2 horas e 34 minutos; en segundo lugar finalizou o percorrido Carlos Bardanca Fuentes, tamén corredor do Xesteiras que chegou á meta en 2 horas e 38 minutos; e o terceiro clasificado foi Fran Salgueiro Gesteira do Club Cazafantasmas Team cun tempo de 2 horas e 40 minutos. Na categoría senior feminino a gañadora foi Lorena Vázquez Martínez, do C&C Sport Ginevall, cun tempo de 3 horas e 17 minutos; en segundo lugar Olatz Pérez Rodríguez do SA Milana en 4 horas e 8 minutos; e o terceiro posto foi para Sabela Paz Fraga do 3& Run by Pedro Nimo cun tempo de 4 horas e 33 minutos.

Na categoría veteranos masculino o gañador foi Xoán Rodríguez Bermúdez do Toxiza (2 horas e 52 minutos), o segundo posto foi para Fernando Cancelo Barreiro da Sociedad de Montaña Ártabos (2 horas e 53 minutos), e o terceiro para Orlando Sánchez Ortega do Xesteiras (3 horas e 1 minuto). Na categoría veteranas feminino, a primeira clasificada foi Manuela Torres González do Club Xesteiras cun tempo de 3 horas e 45 minutos; o segundo posto para Araceli Grandío Vicente do Club Hércules Termaria en 4 horas e 7 minutos; e en terceira posición chegou á meta Almudena Gil Vázquez cun tempo de 4 horas e 38 minutos.

Por equipos, o club gañador foi o Xesteiras de Cuntis. Entregáronse unha cesta de produtos típicos da zona aos tres primeiros de cada categoría e tamén para o mellor equipo, ademais de entradas para o balneario Termas de Cuntis. 

No Mini trail, de 17 quilómetros acumulando un desnivel positivo de 780 metros aproximadamente, os tres primeiros clasificados da categoría senior masculino foron Óscar Pérez Rico (1 horas e 43 minutos), José Santiago Villar (1 hora e 46 minutos) e Anxo Meizoso Permui do Triatlón Arteixo (1 hora e 49 minutos). En senior feminino as tres primeiras foron Nuria Romero Rodríguez do Miler Running Tour (2 horas e 21 minutos); Natalia Martínez Arias (2 horas e 24 minutos); e Victoria Veiga Santos do Club Xesteiras (2 horas e 34 minutos).

Na modalidade veteranos masculino gañaron a proba Daniel Mayans Gondar do Matinam X Somiar (1 hora e 54 minutos), Pedro Pazos Carbón do Fontes do Sar (1 horas e 55 minutos) e Ángel de Jesús Pérez Lago do Corredoiras Bueu (2 horas e 9 minutos). En veteranas feminino, as tres primeiras clasificadas foron Elena Matalobos Redondo do S.D. Barbantia Roda (2 horas e 23 minutos), Cristina Rivas Río do CDM Vertice (2 horas e 27 minutos) e Mónica Vicente Dobao do Nosportlimit (2 horas e 29 minutos). Entregáronse lotes de regalos aos tres primeiros homes clasificados e ás tres primeiras mulleres clasificadas.

A totalidade do recadado na inscrición da fila 0 e a metade do das andainas será doado á Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama de Pontevedra (ADICAM). Esta edición do “Trail Vila de Cuntis” estivo patrocinada por Termas de Cuntis, Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra e as empresas Coca Cola, Supermercados Merca Más e Atlántico de Cuntis, Versos de A Ruda, Ndorfina de Lugo, Nusak de Ribeira e Distribuciones Barros Bugarín.

https://www.facebook.com/CdMXesteiras/