Recolleu a distinción o secretario do entidade Ramón Lois nun acto que se celebrou hoxe no Museo do Gaiás
Ambos organismos levan máis de vinte anos colaborando para difundir entre os empresarios do polígono a necesidade de doar sangue
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) recibiu hoxe un galardón outorgado pola Consellería de Sanidade a través da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) pola súa “solidariedade e contribución á doazón de sangue en Galicia”. O secretario da AEPIT, Ramón Lois Lorenzo, foi o encargado de recoller este recoñecemento nun acto que se celebrou no Museo do Gaiás coincidindo hoxe coa efeméride do Día Mundial do Doador de Sangue.
Estes galardóns concedidos pola Xunta de Galicia distinguen a persoas e colectivos que ao longo do ano se implican co xesto solidario da doazón de sangue. Ademais, este acto tivo un carácter moi emotivo ao coincidir en data co 25 Aniversario da posta en funcionamento do Centro de Transfusión de Galicia, actualmente englobado na propia Axencia de Doazón de Sangue.
A Asociación agradece a concesión desta distinción, xa que ao seu parecer a doazón de sangue é unha acción de solidaridade, xenerosidade e altruismo, que ademais de salvar vidas, consegue beneficios para o doador, xa que permite por exemplo que o fluído se renove. Ademais, a Asociación do Tambre colabora desde hai máis de vinte anos co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia durante as súas campañas no polígono industrial, difundindo entre os asociados a necesidade de doar sangue e a chegada da unidade de recollida no sangue.