Dezanove mozos e mozas de Santiago indangan nas posiblidades laborais da Internet das Cousas

A Cámara de Comercio, Concello de Santiago e Fundación Incyde clausuraron hoxe este programa de formación no viveiro de  empresas de Costa Vella 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela clausurou hoxe e entregou os diplomas do programa “Constrúe o teu Futuro. Internet das Cousas (IOT) e Emprendemento” no seu viveiro de empresas de Costa Vella, unha formación organizada coa cofinanciación do Concello de Santiago e a Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo. O acto estivo presidido pola concelleira de Desenvolvemento Económico de Santiago, Marta Lois; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación Incyde, Carlos Silván.

A formación, que se celebrou do 16 de abril ao 25 de maio na incubadora de Costa Vella, destinouse a mozos e mozas menores de 30 anos que nin estudian nin traballan, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Juvenil, ben sexan emprendedores ou profesionais que desexan iniciarse no desenvolvemento da IOT, así como os interesados en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.

O programa, no que participaron 19 alumnos e alumnas –10 mulleres e 9 homes–, ten por obxecto ensinar os distintos modelos de negocio baseados e realizados baixo este paradigma, con especial atención aos sectores máis puxantes e considerar as novas solucións que comercializan as StartUps no ámbito nacional e internacional. Sanidade, educación, industria, agrario, turismo, deporte ou entretemento son sectores que xa viron un beneficio na adopción de solucións integradas na Internet das Cousas.

Fernado Barros sinalou que na formación explicáronse as tecnoloxías vinculadas á Internet das Cousas e que tipo de requisitos son básicos para construír un modelo de negocio analizando e realizando un estudo de mercado; deu a coñercer as ferramentas necesarias; e distinguiu casos de éxitos das empresas que xa triunfaron na IOT. Desenvolvéronse conceptos de Big Data, uso de Apps e conceptos de ciberseguirdade e benchmarking. Ademais da entrega de diplomas, o alumno Óscar Bonome presentou o seu proxecto “Bono Magic 3D”.