Gañaron o Estrada EFB na categoría biberón, o AJ Lérez en prebenxamín, o Noia CF en benxamín e o Atlético Cuntis A na categoría alevín
Esta fin de semana celebrouse o “V Torneo de Fútbol 8 Termas de Cuntis” no campo municipal de A Ran de Cuntis, que este ano contou coa participación de 40 equipos galegos integrados por 600 xogadores. Nesta edición, os rapaces participaron nas categorías biberón, que inclúe a meniños de menos de seis anos, prebenxamín (6 e 7 anos), benxamín (8 e 9) e alevín (10 e 11). A competición estivo organizada polo Atlético Cuntis e o balneario Termas de Cuntis, e contou co patrocinio do Concello de Cuntis e a Deputación de Pontevedra.
A organización destacou a gran afluencia de público que durante a fin de semana encheu as gradas do campo, reuníndose máis de 3.000 afeccionados e pais e nais e familiares dos xogadores. Os equipos participantes procedían de Santiago, Milladoiro, Bertamiráns, A Estrada, Lalín, Silleda, Valga, Noia, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Pontevedra, Meaño, Moraña, Cangas e Cuntis. Os equipos gañadores de cada categoría recibiron medalla e trofeo e unha entrada para o acquaform do balneario para todo o conxunto. O segundo e terceiro clasificados tiveron medalla e trofeo e o cuarto clasificado e o primeiro e segundo de consolación recibiron trofeo. A maiores, os xogadores da categoría biberón levaron todos medalla pola súa participación (trofeos e medallas doados por talleres Elmacar). Ademais os nenos que durante o torneo tiveran xestos de deportividade foron agasallados con un pase para o acquaform do Balneario Termas de Cuntis.
Resultados do torneo:
Biberón (domingo)
Final
Estrada EFB 3 – Atlético Cuntis 0
Campión: Estrada EFB
Subcampión: Atlético Cuntis
3º e 4º posto
Cordeiro CF 1 – EFB Vilanova 3
Terceiro: EFB Vilanova
Cuarto: Cordeiro CF
Consolación
AJ Lérez 0 – EF Boiro 0 (gaña AJ Lérez nos penaltis)
Prebenxamin (sábado)
Final
AJ Lérez 3 – Estrada EFB 1
Campión: AJ Lérez
Subcampión: Estrada EFB
3º e 4º posto
Santiago CF 0 – Atlético Cuntis A 3
Terceiro: Atlético Cuntis A
Cuarto: Santiago CF
Consolacion
Atletico Cuntis B 1 – Noia CF 2
Gaña consolación Noia CF
Benxamín (sabado)
Final
Atlético Cuntis 1 Noia CF 1 (gaña o Noia CF nos penaltis)
Campión: Noia CF
Subcampión: Atlético Cuntis
3º e 4º posto
Bertamiráns CF 0 – Atlético Riveira 3
Terceiro: Atlético Riveira
Cuarto: Bertamiráns CF
Consolación
Alondras CF 2 – Arosa SC 1
Gana consolación Alondras CF
Alevín (domingo)
Final
Atlético Cuntis A 1 – EF Lalín 0
Campión: Atlético Cuntis A
Subcampión: EF Lalón
3º e 4º posto
AJ Lérez 0 – Atlético Cuntis B 0 (gaña o AJ Lérez nos penaltis)
Terceir: AJ Lérez
Cuarto: Atlético Cuntis B
Consolación
Santiago CF 0 – Crocha CF 0 (gaña o Crocha CF nos penaltis)