A xornada será o vindeiro 17 de abril, entre as 17:00 e as 18:30 horas no salón de actos da entidade
A Cámara de Comercio de Santiago celebrará o vindeiro martes, 17 de abril, unha xornada gratuíta, previa inscrición, sobre as “Claves para administrar as finanzas persoais para empresarios e emprendedores”, que terá lugar no salón de actos da entidade entre as 17:00: e as 18:30 horas.
A formación está dirixida a autónomos, empresarios e emprendedores, e persoas interesadas en xeral. Os participantes poderán consultar dúbidas sobre o seu futuro á hora da xubilación, coñecer aspectos á hora de facer o traspaso xeracional dunha empresa, todo o relacionado con baixas por enfermidade, asuntos relativos a débedas ou aforros e pago de impostos. Ademais, poderán descubrir como organizar as súas finanzas e aclarar se é necesario separar as finanzas persoais das empresariais e coñecer a forma de protexer o seu patrimonio persoal.
O seminario estará impartido pola economista e asesora financeira Patricia Doldán, certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Ofrece axuda e planifica a empresas e familias para conseguir que logren os seus obxectivos financeiros.
Máis información e inscricións: http://www.camaracompostela.com