O asesor Juan Luis Magariños impartiu hoxe un taller para que as pequenas empresas optimicen os seus negocios na Cámara de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe martes un taller sobre “Metas 18, optimiza o teu negocio”. Dirixido a autónomos, pemes, empregados e emprendedores, a charla estivo impartida polo coach, formador e asesor de pemes e autónomos Juan Luis Magariños, e contou coa participación de corenta personas.

O obxecto da formación é axudar ás empresas a alcanzar o éxito, planificando o seu rumbo empresarial. No desenvolvemento da xornada poñeranse exemplos de mellora implementados e válidos para pemes e autónomos, con obxecto final de facer máis rendible o negocio e mesmo ter posibilidades de medrar, investindo noutras áreas da empresa como a formación, tecnoloxía ou marketing.