A Cámara de Santiago asesorou a case 600 emprendedores e empresarios no seu proceso de creación ou consolidación dos seus negocios en 2017

Axudou a xerar 113 empresas e 84 postos de traballo 

A Cámara de Comercio de Santiago traballa de maneira continuada na creación de empresas, ofrecendo asesoramento a diversas tipoloxías de usuarios. Atendeu en 2017 as consultas de 593 emprendedroes e empresarios e colaborou na creación de 113 empresas que xeraron 84 postos de traballo asalariado.En concreto, a través do Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM) a Cámara de Santiago prestou axuda a 358 usuarias e rexistrou 506 demandas de asesoramento, ademais de axudar a crear 60 empresas e 55 postos de traballo asalariado o pasado ano, con 36 mulleres e 19 homes empregados.

O PAEM ten como obxecto primordial sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. O programa apoia calquera fase do proxecto, tanto no inicio da idea empresarial, como na súa posta en marcha e consolidación. Tamén conta con asesoramento en liña desde a páxina web www.e-empresarias.es, onde en menos de 48 horas resólvense as dúbidas expostas polas emprendedoras. Naceu a través dun convenio asinado entre a Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad do Ministerio de Sanidad e a Cámara de Comercio de España, con financiamento do Fondo Social Europeo. 

Información para 40 empresas no Punto de Atención ao Emprendedor

A entidade realiza de forma gratuíta para emprendedores a tramitación telemática da Sociedade Limitada Nova Empresa, Sociedade Limitada, Comunidade de Bens e Empresario Individual a través do seu Punto de Atención ao Emprendedor (PAE), ao tempo que orienta e asesora na cumplimentación da documentación a presentar ante as diversas Administracións Públicas que interveñen no proceso de creación de empresas cando é outra a forma xurídica elixida. En 2017 axudou a 40 empresas a escoller a forma xurídica máis axeitada para a súa idea de negocio.

“Ningunha vocación empresarial viable debe frustrase por falta de financiamento”

Unha das principales dificultades á hora de emprender é a falta de recursos e apoio financeiro. Pero a Cámara de Santiago axudará a emprendedores e empresarios a superar esta barreira do financiamento. Consciente desta problemática, a Cámara suscribiu convenios de colaboración con BBVA, laCaixa, Banco Sabadell, Banco Pastor, Abanca e Microbank, onde actúa como actúa como interlocutora eficaz nas relacions entre o emprendedor e a entidade financeira, realizando un seguimento das operacións e axudando en todo o proceso de preparación do plan de empresa.

En 2017 remitíronse 17 novos proxectos ás entidades bancarias, dos cales 13 conseguiron a concesión dun crédito. “O noso obxecto é que ningunha vocación empresarial viable se frustre por falta de financiamento” –explica a responsable do departamento de Creación de Empresas da Cámara, Rosa Cardeso–. Ademais, a entidade emite un certificado de viabilidade (selo Cámara) para facilitar o acceso ao crédito, ao garantir que os proxectos reúnen os requisitos necesarios para ter éxito e consolidarse no tiempo.

Non só se axuda en materia de financiamento, senón que a Cámara ofrece asesoramento xurídico e en 2017 atendeu 83 consultas dos ámbitos comercial, laboral e fiscal