A presentación oficial do “Termas de Cuntis” celebrarase mañá sábado, ás 10:30 horas no Pavillón de Cuntis, onde se xogará un torneo amistoso co Cesures e o Padrón
O conxunto está composto por dez nenas e dous nenos de nove anos, todos nados na vila
O balneario Termas de Cuntis patrocina a un equipo infantil mixto de baloncesto, que comezou a xogar esta tempada 2017-2018 baixo o nome “Termas de Cuntis” na Liga Arosana Preminibasket Mixto, adestrado por David Barral e integrado no Club Gremlins Cuntis.A presentación oficial do equipo será mañá sábado, día 21, no Pavillón Municipal de Cuntis (rúa José María Lastra, s/n) ás 10:30 horas, e ao acto asistirá a directiva do renovado Club Gremlins Cuntis e os doce compoñentes do conxunto, dez nenas e dous nenos de nove anos –Carme, Zaira, Mar, Natalia, Cintia, Sabela, Saray, Sara, Uxío, Alba, Xandre e Claudia–. A continuación, celebrarase un torneo amistoso de presentación do equipo, no que participarán o CB Cesures e o CB Padrón, un actividade organizada en colaboración co Concello de Cuntis e a Deputación de Pontevedra.
O Club Gremlins Cuntis rexurdiu recentemente tras ter desaparecido fai aproximadamente quince anos. Agora a nova directiva pretende crear na vila unha gran canteira de xogadores, deporte que xa ten o seu desenvolvemento no municipio grazas á Escola de Baloncesto de Cuntis. Como antecedestes, a súa vicepresidenta, Susana Otero, lembra que o pasado ano as nenas e nenos puideron practicar o seu deporte favorito xogando cun equipo de Vilagacía de Arousa.
Ademais do patrocinio da súa denominación por parte de Termas de Cuntis, o equipo conta con seis patrocinadores para a súa equipación: Industrias María Rosa Pombo, Parladoiro, Clínica Dental Sonia Otero, Pastelerías Su Pastel, Sabel Traballos de Xardinería e Clínica Dental Xesús Domínguez. Outros pequenos colaboradores son Asesoría Torres, Chocosport, Cafetería Piriápolis e Tenda Agasallo.