O balneario Termas de Cuntis organiza o Día dos Nenos este domingo pola tarde

Haberá agasallos para todos os rapaces, animación infantil, xogos e inchables a partir das catro da tarde nos xardíns das instalacións termais 

Termas de Cuntis organiza este domingo, día 24, o Día dos Nenos a partir das 16:00 horas nos xardíns do balneario (en caso de chuvia a actividade farase na carpa dos eventos do balneario).Os nenos e nenas recibirán agasallos, e poderán xogar e gozar toda a tarde coa animación infantil, xogos, inchables, e a compañía das mascotas do balneario Termiña e Garza. Estas mascotas xigantes son as protagonistas dun conto infantil, obra do ilustrador e escritor Francisco García Cortés. A publicación conta en debuxos e texto breve a historia de dous personaxes de Cuntis, a nena Termiña e a Garza que habita no río Gallo que pasa por detrás do centro termal. O argumento é un xogo no que Garza convida a Termiña a buscar un tesouro no balneario, que acaba descubríndose que é a AUGA.

Os nenos e nenas tamén terán a oportunidade de mergullarse no Acquaform. Os pais deberán facer a reserva para entrar na instalación, con prezos especiais, no seguinte enlace: http://termasdecuntis.amsystem.es/reservas/index/?Idusuario=281B9EDF-BE47-40C4-B448-231BBEE852D5.