A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca a duodécima edición do Premio Relato Curto, que ten unha dotación económica de 500 euros, cantidade que achega xenerosamente o Instituto Policlínico La Rosaleda. O prazo para entregar os traballos finaliza o 15 de novembro de 2017. O premio está aberto a todo o público en xeral, agás aos integrantes da xunta directiva da asociación. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en lingua galega. Terá un máximo de sete folios e os orixinais que se presenten non serán devoltos. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo.
A presidenta da Antigos Alumnos, Benita Silva, que agradece o patrocinio de La Rosaleda un ano máis, indica que o certame é unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible a partir da propia convocatoria. “Comprobamos na edición anterior o elevado talento dos participantes, así que animamos á xente de todo tipo a animarse a presentar os seus traballos”, segundo indica Silva.O xurado, de cuxa composición se informará máis adiante, estará formado por persoas entendidas na materia. Os traballos deben presentarse por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e por unha cara, na fonte Times New Roman e tamaño 12. E deben ser remitidos a:
Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC
Casa da Concha
Rúa da Conga, 1
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Bases publicadas no seguinte enderezo: