A visita celebrarase entre as sete e as nove da tarde
O balneario Termas de Cuntis recibe mañá mércores, día 24, a visita dun grupo de trinta membros da asociación Avanzar Umia-Ulla, un colectivo de persoas con discapacidade da comarca de Caldas. Gozarán das instalacióna do acquaform entre as 19:00 e as 21:00 horas.
A súa presidenta, María Jesús Maquieira, considera que esta actividade, ademais de ser lúdica, é unha oportunidade para aproveitar os beneficios terapéuticos das augas termais de Cuntis, “moi beneficiosas para a saúde dos nosos socios”.
A asociación Avanzar Umia-Ulla naceu en 2008 –fundada por un grupo de persoas con discapacidade–, integrada polos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Valga, Moraña, Cuntis, Pontecesures e Portas, e actualmente posúe 70 socios, cuxo fin principal é influír nesta zona, facilitando e favorecendo “a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade”.
O acquaform é un circuíto lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das augas cen por cento mineiro-medicinais de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos. Poderase gozar da natación nas piscinas interior e exterior, aliviar tensións musculares nas zonas de contracorrente, nos chorros e pescozos de cisne ou nos jets de masaxe en espalda e pés, relaxarse tombado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas do Vital Club (sauna finlandesa, jacuzzi, estufas de vapor, cabina de xeo e sala de repouso).