Impartirán un curso nos vindeiros dous meses en Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Santiago no que participarán 170 profesionais
O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) poñen en marcha conxuntamente un curso de formación para divulgar e formar aos profesionais técnicos nas novidades da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o seu regulamento, o regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos. A formación foi presentada o pasado luns, día 24, na sede compostelá do Colexio de Arquitectos de Galicia, polo decano do Colexio, Antonio Maroño, a directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e a vogal do Colexio Elvira Carregado. Encarnación Rivas dictou o relatorio inaugural na primeira sesión, común para todas as edicións, que puido ser seguida en modalidade presencial ou pola retransmisión en streaming polos inscritos de toda Galicia.
A recente aprobación de normativas que afectan ao eido urbanístico, xunto cos cambios económicos, sociais e ambientais, fan indispensable programar unha formación especializada neste eido que permita aos profesionais enfrontarse aos actuais desafíos na evolución das realidades urbanas e territoriais das vilas galegas.
O “Curso sobre o novo marco normativo do urbanismo en Galicia: a Lei 2/2016 do solo de Galicia e o seu regulamento e regulamento de actividades” permitirá formar durante os próximos dous meses a 173 persoas. Desenvolverase de xeito simultáneo en Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Santiago.
Edición de Lugo
13 sesións presenciais de 4 horas, en horario de tarde.
Datas: 25 e 26 de abril; 2, 3, 9, 10, 15, 16, 23, 24, 30 e 31 de maio e 6 de xuño.
Lugar: 25 de abril no Salón de actos do edificio da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8). O resto das sesións celebraranse na Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia (rúa Puro Cora xornalistas, 1).
Edición de Pontevedra
13 sesións presenciais de 4 horas, en horario de tarde.
Datas: 2, 3, 4, 10, 15, 16, 23, 24, 30 e 31 de maio e 6, 7 e 13 de xuño.
Padroado de Turismo Rías Baixas, Palacete das Mendozas (Praza de Santa María, s/n).
Edición de A Coruña
13 sesións presenciais de 4 horas, en horario de tarde.
Datas: 9, 10, 15, 16, 23, 24, 30 e 31 de maio ey 6, 7, 13, 14 e 20 de xuño.
Sala de Arquitectura da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia (rúa Federico Tapia, 62).
Edición de Ourense
13 sesións presenciais de 4 horas, en horario de tarde.
Datas: 15, 16, 23, 24, 30 e 31 de maio e 6, 7, 13, 14, 19, 27 e 28 de xuño.
Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (rúa Progreso 30).
Edición de Santiago de Compostela
7 sesións presenciais de 4 horas en horario de mañana e 4 horas en horario de tarde, excepto o último día desta edición, 21 de xuño, que será só en horario de mañana (4 horas).
Datas: 4, 11 e 18 de maio; 1, 8, 15 e 21 de xuño.
Sala de formación da sede do Colexio de Arquitectos de Galicia en Santiago (Plaza de A Quintana, 1).