Un grupo de trinta estudantes de secundaria do CPI Aurelio Marcelino Rey García visitará mañá o balneario Termas de Cuntis

Coñecerán os beneficios das augas mineiro-medicinais e gozarán das instalacións do acquaform a partir das 16:00 horas 

O balneario Termas de Cuntis recibe mañá martes, 18 de abril, a visita dun grupo de trinta alumnos e alumnas de ESO do Centro Público Integrado (CPI) Aurelio  Marcelino Rey García de Cuntis, ás 16:00 horas.

Os estudantes percorrerán as instalacións do cirtuíto lúdico-termal acquaform nunha visita guiada por persoal do balneario onde lles explicarán os beneficios das augas termais, as enfermidades que se poden tratar e o funcionamento das instalacións. 

O acquaform é un circuíto lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das augas cen por cento mineiro-medicinais de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos. Poderase gozar coa familia ou amigos da natación nas piscinas interior e exterior, aliviar tensións musculares nas zonas de contracorrente, nos chorros e pescozos de cisne ou nos jets de masaxe en espalda e pés, relaxarse tombado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas do Vital Club (sauna finlandesa, jacuzzi, estufas de vapor, cabina de xeo e sala de repouso).