O aragonés, que naceu sen brazos, conseguiu un diploma paraolímpico en Londres 2012 e ser o terceiro europeo en obter o carné de conducir cos pés
Celebrarase o vindeiro mércores, día 5, ás 20:00 horas
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación de Periodistas de Santiago, celebrará o próximo mércores, día 5, a terceira conferencia do seu ciclo anual, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país, convidando a personaxes de gran relevancia nos diferentes ámbitos.O conferenciante será Javier Hernández (Zaragoza, 1979), un xornalista que naceu sen brazos nun mundo deseñado para telos, e cunha notable dismetría nas pernas. O presidente da Cámara de Santiago, Jesús Asorey, e a vogal da Asociación de Periodistas de Santiago, Xulia Campo, serán os encargados de presentar ao convidado nun acto que comezará ás 20:00 horas no salón cameral.
Javier Hernández licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidad Autónoma de Barcelona en 2001, e desde entón traballa como xornalista deportivo no Heraldo de Aragón e Diario As, escribindo máis de 200 pulsacións por minuto cos seus pés, e na Fundación DFA, ademais de colaborar en Punto Radio e Radio Marca. A capacidade de adaptación e superación de Javier Hernández leváronno a acceder aos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 como nadador da selección española onde obtivo un diploma de finalista nos 50 metros espalda, despois de tan só tres anos de adestramentos. No ámbito deportivo é tamén entrenador de fútbol titulado pola Asociación de Técnicos do Fútbol Arxentino e director deportivo pola Real Federación Española de Fútbol.
Ademais, foi o terceiro europeo en obter o permiso oficial de conducir cos pés en 2015. Escribiu a biografía autorizada do ex futbolista arxentino Luciano Galletti (“El Hueso hasta la médula”) e publicou o seu libro autobiográfico cun relato que progresa da man e coa voz dun centenar de testemuñas.
Este relato inspirador será o eixo da conferencia que impartirá na Cámara, “De los pies a la cabeza”, nome que tamén recibe a asociación que dirixe e desde a que imparte conferencias motivacionais e xornadas de liderazgo e coaching executivo.