Un grupo de arquitectos contrastará a súa concepción do espazo público con obras literarias de John Berger, Alberto Requena Marcel Proust, Eduardo Mendoza e Francesco Colonna
Será ás 19:30 horas na biblioteca da Fundación Eugenio Granel, no Pazo de Bendaña de Santiago (Praza do Toural, 8)
A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Fundación Eugenio Granell, celebrará mañá xoves, día 23, a segunda sesión das xornadas “Páxina Par: a lectura dos arquitectos. Espazo urbano”, na que un grupo de cinco arquitectos contrastará a súa concepción da cidade e do espazo público urbano coa dos autores doutras tantas obras literarias de todos os tempos, compartindo cos asistentes a diversidade dos seus intereses no momento da lectura.
A xornada celebrarase ás 19:30 horas na biblioteca da Fundación Eugenio Granell no Pazo de Bendaña de Santiago (Praza do Toural, 8). Con esta actividade cultural, a delegación pretende dar a coñecer unha faceta distinta do arquitecto, alonxada do seu exercicio profesional habitual. Os arquitectos participantes poñerán en relación a arquitectura e a literatura para evocar o mundo dos soños a través dos seus coñecementos arquitectónicos.
Os participantes desta sesión de mañá serán os arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Javier Fernández Muñoz de OCHiR, Alberto Redondo Porto de RVR Arquitectos, Susana Rodríguez Carballido de Asesorarq, e Ricardo Varela Fernández do blog Xardíns históricos (http://xardinshistoricos.blogspot.com.es/). Analizarán as obras literarias “El toldo rojo de Bolonia”, de John Berger; “Einstein y la belleza de las ecuaciones”, de Alberto Requena; “Por el camino de Swan”, de Marcel Proust; “La ciudad de los prodigios”, de Eduardo Mendoza; y “Sueño de Polífilo”, de Francesco Colonna.