Ofrecerá ás empresas cursos de redes sociais, coaching e fiscalidade
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela programou 43 cursos e xornadas formativas para o primeiro semestre de 2017 para apoiar a actualización das habilidades profesionais dos traballadores das empresas da súa área cameral.
Son cursos de informática e novas tecnoloxías, sobre contabilidade financeira e manexo de redes sociais para a xestión da marca persoal; de contabilidade e fiscalidade; de recursos humanos, con temas de coaching; e comercio e distribución.
En colaboración con outras entidades, realizaranse cursos de Tics, empregabilidade e resdes sociais e inglés dentro do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Tamén se porán en marcha cursos de inglés, francés e alemán do Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC). Celebraranse outros en colaboración co Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE), o Grupo CEI, o IFEE Business School e a EscuIa de Negocio A Fundación (IESIDE Business Institute).
As empresas interesadas poderán solicitar formación “in company”, deseñada pola Cámara segundo as súas necesidades. Ademais, a entidade continúa coa política de descontos para os asociados, cun 20% de desconto, e tamén un 10% para matrículas anticipadas ata dez días antes do inicio da actividade formativa.
84 actividades formativas con 1.879 alumnos en 2016
A Cámara de Comercio programou o pasado ano un total de 84 actividades formativas –36 cursos e 48 xornadas–, que contaron con la asistencia de 1.879 alumnos. A temática centrouse en formación sobre informática e novas tecnoloxías, economía e finanzas, recursos humanos e comercio e distribución.
Ademais, en 2016 a Cámara desenvolveu o Plan de apoio á competitividade do comercio minorista, financiado por fondos Feder da Unión Europeo e promovido polo Ministerio de Economía e a Cámara de España para executar liñas de actuación orientadas á innovación e competitividade no pequeño comercio. A entidade realizou dezaséis diagnósticos de innovación comercial e organizou catro talleres sobre o impulso da tenda online e a posición en redes sociais en Melide, Santa Comba e Ribeira, e un taller de marketing en Santiago.
Información e inscricións:
http://www.camaracompostela.org/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.WKwgxVXhCH0