Cáritas Interparroquial de Santiago realizou durante o ano pasado seis accións formativas nas que participaron 99 persoas de difícil inserción laboral. Celebrou esta mañá na súa sede de san Roque o acto de entrega de medio cento de diplomas

Cáritas Interparroquial de Santiago entregou esta mañá senllos diplomas a 59 persoas de difícil inserción laboral pola súa participación en diversas accións formativas durante o ano 2016. No acto, que se celebrou na sede da entidade, estiveron presentes a director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; a concelleira de Políticas Sociais, Concepción Fernández; o director da sucursal Reale de Santiago, Alfonso Capeáns, –que patrocinou dous cursos–; o director de Cáritas Diocesana, Anuncio Mouriño; o director de Cáritas Interparroquial, José Antonio Beiroa; e o responsable de Emprego de Cáritas Interparroquial, Miguel Fernández.

Curso de camareira de andares:

  • 215 horas teórico-prácticas
  • 15 participantes (acabaron 14)
  • 7 contratacións

Curso de operacións auxiliar de comercio:

  • 150 horas teórico-prácticas
  • 15 participantes (acabaron 12)
  • 4 contratacións + 3 en proceso de itinerario de inserción e 1 que optou por continuar estudos oficiais.

Curso de Auxiliar de Servizos Domésticos:

  • 120 horas teórico-prácticas
  • 20 participantes
  • 7 contratacións

 Curso de Atención a Maiores no Domicilio:

  • 120 horas teórico-prácticas
  • 15 participantes (acabaron 13)

3 contratacións. Aínda en fase de inserción

 Corte e confección e español básico

Cómpre engadir o taller de corte e confección que mantemos na parroquia de Conxo, no que participaron vintedúas  persoas, así como a posta en marcha dun programa específico de itinerarios de inserción e integración sociolaboral, financiado pola Xunta de Galicia e no que participaron vinteoito persoas.

 BALANCE ANUAL

O programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Interparroquial, no que traballan actualmente 17 voluntarios e dúas persoas asalariadas, realizou durante o ano pasado seis accións formativas nas que participaron 99 persoas.

Xestionáronse 187 ofertas de emprego, co resultado de 152 insercións laborais. No apartado do Emprego abríronse 301 novos expedientes, atendendo xa a un universo de 1.568 persoas.

O responsable de Emprego, Miguel Fernández, amósase satisfeito deste balance asistencial: “Cada vez atendemos a máis persoas, de aquí e de fóra, e cada vez con maior eficiencia en canto a inserción laboral, acompañamento nas tramitacións administrativas e formación útil”. Este servizo de Cáritas Interparroquial iniciou a súa andaina en 1994, máis orientado ao emprego xuvenil, e desde 2001 incorporouse a asistencia a inmigrantes.