Creus e Carrasco darán mañá unha conferencia na Real Academia Galega de Belas Artes sobre a arquitectura como “arte transformadora dos modos de vivir”

“A arquitectura é un instrumento de cambio que remove a historia e analiza a actualidade do lugar”

A charla celebrarase na sede da Academia ás 20:00 horas

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá martes, día 13, unha nova conferenica do ciclo Martes das Artes, destinado a sensibilizar e achegar á sociedade ao estado actual do patrimonio cultural de Galicia. Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco ofrecerán unha chala na sede da Academia, ás 20:00 horas, titulada “Creus e Carrasco: Construír e cambiar. Obras e proxectos”.Os arquitectos farán unha reflexión sobre o feito de entender a arquitectura como arte transformadora dos modos de vivir e explicarán como crear un novo espazo inflúe nas maneiras de sentir o contorno. “A arquitectura é un instrumento de cambio que remove a historia e analiza a actualidade do lugar” –indican–. E sinalarán como obras como a Casa Chao, o albergue Bela Muxía ou o restaurante O Fragón e proxectos como a mellora de La Marina mostran un camiño fundamentado no construír como “forza de cambio”.

Juan Creus (Cee, 1966) é doutor arquitecto e profesor na ETSA da Coruña e Covadonga Carrasco (Ribadeo, 1965) é arquitecta e ten o seu estudio en A Coruña desde 1994. Reciben en 2016 o Premio Galego de Arquitectura e son premio da Bienal de Arquitectura Española, e participaron tamén na Bienal de Arquitectura de Venecia, no Pavillón Español onde consiguieron o León de Oro. Foron nominados para o Premio Mies van der Rohe (2015) e gañaron o Premio Ar+d Emerging Architecture Award, concedido por Architectural Review, e o RIBA (2011). Foron Mención Especial nos Premios FAD (2014) e do xurado na Bienal de Arquitectura Española (2011). Gañaron o Premio ENOR Galicia (2007), COAG de obra nova (2011), espazo público (2011 e 2000) e rehabilitación (2002), así como o Juana de Vega de Arquitectura (2015 e 2013). Coas súas intervencións pretenden a reinvención da paisaxe próxima como forma xenérica.

creus-e-carrasco