Son compañías de transporte de mercadorías e viaxeiros, venda de pinturas, persianas ou combustibles, fabricación de vestiario profesional, distribución de golosinas e embutidos, talleres mecánicos, e servizos editoriais, de enxeñería ou de arquitectura
A entidade celebrará un acto de homenaxe o vindeiro venres, día 16, ás 20:00 horas no salón de actos da asociación
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) homenaxeará este ano a vinte empresas que cumpren vinte e cinco anos na asociación do polígono industrial. As compañías distinguidas son Comercial Regueiro-Risi; Galiport; Recambios Arturo; Estudio Técnico Gallego; Posimar; Alfeco; Editorial Compostela; Inmuebles, vehículos, accesorios (ALSA); Banco Pastor; Galuresa; Tecniagal; Comercial Pardal; Monper; Embutidos Vallina; Rectificados Compostela; Antonio y Delio Gómez Ramos; Transportes Souto; Talleres Vidalfre; Bazar Casa Sole; e Talleres Eléctricos Meixonfrío.
A entidade celebrará o acto de homenaxe o vindeiro venres, día 16, na salón de actos da súa sede do Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1), a partir das 20:00 horas. Á sesión, encabezada polo presidente de AEPIT, Jesús Chenel, asistirán diversas autoridades autonómicas e locais, como a concelleira de Promoción Económica de Santiago, Marta Lois, os representantes dos grupos municipias, Agustín Hernández do PP, Francisco Reyes do PSOE e Rubén Cela do BNG, e ademais representantes das empresas homenaxeadas.
A asociación distingue a capacidade de traballo que, polo menos, durante vinte e cinco anos veñen realizando as vinte empresas desde as súas naves no Polígono do Tambre. Son compañías de moi diversos sectores, entre os que destacan o transporte de mercadorías e viaxeiros, a venda de pinturas, persianas ou combustibles, fabricación de vestiario profesional, distribución de golosinas ou embutidos, talleres mecánicos, servizo editorial ou de enxeñería e arquitectura e entidades bancarias.
Os representantes empresariais do Tambre celebran esta homenaxe multitudinaria porque cada negocio ou actividade económica ten as súas particularidades, pero sempre con “ingredientes comúns” a todas as empresas como son a ilusión, esforzo e colaboración. “As empresas mostran ao longo da súa traxectoria a iliusión por construír, por ver nacer e medrar o seu proxecto e consolidalo ou mesmo transmitilo a outra nova xeración, unha evolución alcanzada grazas a un gran esforzo na procura da competitividade, o mantemento da confianza dos clientes e un afán por innovar e reinventarse ano tras ano” –explica a asociación–.