Será totalmente práctico e inaugurarase o luns, día 21, nas aulas formativas da entidade
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofrece ás empresas da súa demarcación un curso práctico de xestión laboral e administración de persoal. A formación inaugurarase o luns, 21 de novembro, e impartirase nas aulas da Cámara ata o próximo 2 de decembro, en horario de 20:00 a 22:00 horas.
Begoña Costa e Ana Barreiro, da consultoría fiscal, laboral e contable C&B Asociados, impartirán o curso con formación teórica, casos prácticas e medios audiovisuais. O curso pretende dotar aos asistentes da capacitación necesaria para traballar na área laboral dunha pequena e mediana empresa ou despacho profesional realizando contratos, nóminas, preparación de seguros sociais e comunicacións á Administración.
O curso está dirixido fundamentalmente a persoas traballadoras da área administrativa, contable e laboral dunha empresa que queiran desenvolver os seus coñecementos en relacións laborais e aplicar as diferentes modalidades de contratación laboral e o cálculo de nóminas.