Celebrarase o 8 de novembro na Asociación de Empresarios de Santa Comba, a partir das 18:00 horas
Forma parte das actividades previstas dentro do Plan do Comercio Minorista
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organiza o vindeiro martes, 8 de novembro, un taller de ecommerce e redes sociais para o comercio minorista, titulado “Como impulsar a miña tenda online e posicionarme en redes sociais”. O obradoiro, gratuíto previa inscrición, celebrarase na Asociación de Empresarios de Santa Comba (rúa Pontevedra 9, entrechán) entre as 18:00 e as 22:00 horas.
O taller, dirixido preferentemente a autónomos, microempresas, pemes, empregados e emprendedores do sector comercial minorista, estará impartido polo consultor e formador en marketing online e offline, comunicación, liderazgo e xestión de equipos, Javier Rocamora. O obxecto do obradoiro é dar unha visión de conxunto das posibilidades e resultados que se poden obter coa venda online, así como das alternativas tecnolóxicas e as ferramentas necesarias.
Esta actividade forma parte do Plan do Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).
O Plan de Comercio Minorista contempla unhas axudas destinadas a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de novembro. Estas solicitudes poderán presentarse de forma presencial na sede da Cámara de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) ou enviando a documentación por correo postal certificado e con acuse de recibo.
Máis información e inscripcións:
http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210