O presidente da Cámara de Santiago e o alcalde de Rianxo mantiveron hoxe unha reunión para tratar temas de emprendemento e creación de empresas

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e o secretario xeral da entidade, Fernando Barros, reuníronse hoxe xoves, día 27, co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, e a concelleira de Promoción Económica, Adelina Ces. No encontro, comentaron temas de emprendemento e creación de empresas relevantes para este municipio banbanzá.

A Cámara ten unha recoñecida experiencia en creación de empresas e xestiona desde hai dez anos a súa propia incubadora empresarial no polígono compostelán de Costa Vella. Designado polo informe Funcas da Fundación de las Cajas de Ahorros como o mellor viveiro de España en materia de preincubación e incubación básica de proxectos empresariais en 2015, conta a día de hoxe con 42 empresas con ubicación física e no viveiro virtual.

reunion-do-presidente-da-camara-de-santiago-co-alcalde-de-rianxo