O presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e o secretario xeral da entidade, Fernando Barros, reuníronse o pasado martes, día 11, co alcalde de Boiro, Juan José Dieste, para tratar temas de emprendemento e creación de empresas relevantes para este municipio banbanzá.
A Cámara ten unha recoñecida experiencia en creación de empresas e xestiona desde hai dez anos a súa propia incuabora empresarial no polígono compostelán de Costa Vella. Designado polo informe Funcas da Fundación de las Cajas de Ahorros como o mellor viveiro de España en materia de preincubación e incubación básica de proxectos empresariais en 2015, conta a día de hoxe con 42 empresas con ubicación física e no viveiro virtual.