É unha formación de consultoría intensiva de 8 semanas de duración e tres períodos a elixir, o primeiro do 26 de setembro ao 18 de novembro
A Cámara de Comercio de Santiago celebrou hoxe un taller gratuíto no viveiro de empresas de Costa Vella no que presentou para un grupo de 15 persoas o programa “Peregrinaxe Emprendedora”, acción destinada aos menores de trinta anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e enmarcada dentro da convocatoria de “Itinerarios de Emprendimiento Xuvenil” da Fundación Incyde para o ano 2016, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
A iniciativa ten como obxecto mellorar a empregabilidade de mozos e mozas desempregadas que estean a iniciar o seu proceso de procura activa de emprego por conta propia ou allea, e por tanto, acceder ao mercado laboral. De forma completamente gratuíta, “Peregrinaxe emprendedora” ofrece aos participantes acompañamento na transición desde a situación actual ata a actividade laboral.
As inscricións deben realizarse na sede central da Cámara (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo, tfno. 981 596 800) ou no viveiro de empresas (Polígono de Costa Vella, c/ República Checa, 40, tfno. 981 551 700 e correo electrónico vivero@camaracompostela.com).
Máis información en http://www.camaracompostela.com/vivero/peregrino/texto.pdf