O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o secretario xeral da entidade cameral, Fernando Barros, reuníronse hoxe na sede cameral co agregado político da Embaixada de EE.UU. en España, Chris Carver, e a especialista en política da Embaixada Irene Díaz.
O encontro serviu aos responsables camerais para coñecer as oportunidades de negocio que ofrece o país norteamericano e intensificar as relacións comerciais entre ambos territorios, estreitando lazos entre Galicia e as empresas estadounidenses e atraendo aos seus inversores a terras galegas. Esta visita enmárcase dentro dunha axenda oficial que levará ao diplomático estadounidense a manter contactos con distintas institucións galegas.