A Asociación de Antigos Alumnos da USC convoca a XI Premio de Relato Curto cunha dotación económica. O texto gañador estará premiado con 500 euros que achega xenerosamente o Instituto Policlínico La Rosaleda

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) reanuda a convocatoria do Premio Relato Curto, pero outorgando como premio unha dotación económica de 500 euros, cantidade que achega xenerosamente o Instituto Policlínico La Rosaleda.

O prazo desta décimo primeira edición para entregar os traballos finaliza o 15 de outubro de 2016. O premio está aberto a todo o público en xeral, agás os integrantes da xunta directiva da asociación. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en lingua galega. Terá un máximo de sete folios e os orixinais que se presenten non serán devoltos. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo.

A presidenta da Antigos Alumnos, Benita Silva, que agradece o patrocinio de La Rosaleda, indica que este certame é unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible a partir da propia convocatoria. “Hoxe en día cada vez escribe máis xente de todas as idades –explica Silva–, polo que é unha boa oportunidade para afeccionados a escribir e mesmo para os avezados. E agora co acicate económico esperamos aumentar a recepción e calidade dos textos”.

O xurado, de cuxa composición se informará máis adiante, estará formado por persoas entendidas na materia. Os traballos deben presentarse por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e por unha cara, na fonte Times New Roman e tamaño 12. E deben ser remitidos a:

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

Casa da Concha

Rúa da Conga, 1

15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

9814Bases publicadas no seguinte enderezo:

http://www.antigosalumnos.usc.es/antigosalumnos/gl/modules/relato_curto/news_0002.html