Unha vintena de mulleres exhibirán mañá xoves, ás 20 horas, os seus traballos deste curso, entre os que hai roupa de vestir, de rúa e infantil
O programa de Emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago, en colaboración coa parroquia de Conxo, impulsa un taller formativo de corte e confección desde hai máis de dez anos dirixido a mulleres con especiais dificultades de inserción. Unha actividade que tamén permite aliviar gastos correntes ás familias correspondentes.