A Cámara de Santiago reclama ás forzas políticas pactos que garantan a estabilidade e reforcen a confianza cara as vindeiras elección do 26 de xuño

Considera que preservar os principios de democracia, estado de dereito e benestar e economía social de mercado é esencial para “asegurar o benestar social e económico do conxunto dos cidadáns”

Ante as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño e despois de que as principais forzas políticas non alcanzaran un acordo para formar goberno tralos comicios do pasado 20 de decembro, a Cámara de Comercio de Santiago, en liña co comunicado do comité executivo da Cámara de España, solicita un debate inmediato e efectivo entre os diferentes partidos políticos. O obxecto é poñer fin a unha situación de interinidade política que se prolongou durante máis de seis meses e conseguir pactos capaces de garantir a estabilidade e reforzar a confianza.

A pertenenza á Unión Europea e o sistema institucional definido pola Constitución de 1978, que instaura os principios de democracia, estado de dereito, economía social de mercado e estado do benestar, son os pilares fundamentais sobre os que se asentou a convivencia nos últimos 40 años, etapa na que a sociedade española alcanzou altas cotas de prosperidade e benestar. E eses principios constitúen, como se evidenciou, as premisas básicas para que as empresas poidan desenvolver a súa actividade, levar a cabo novos plans de investimento, crear postos de traballo e ser competitivas no mercado global. A Cámara de Comercio de Santiago, que ten encomendada a defensa dos intereses xerais das empresas da súa demarcación, considera que a preservación deses principios é esencial para “asegurar o benestar social e económico do conxunto dos cidadáns”.

No ámbito económico-empresarial, a Cámara de Comercio de Santiago xa reclamou o pasado decembro sólidos pactos de Estado en catro cuestións clave para o modelo de desenvolvemento a longo prazo, como son a competitividade e internacionalización da economía española, a formación e o emprego, a unidade de mercado, e a enerxía.

Ademais, indica que é imprescindible dispoñer dun número crecente de empresas fortes, con maior dimensión media, con decidida vocación internacional, con traballadores e directivos axeitadamente formados, con maiores recursos destinados á innovación e a dixitalización, con produtos e servizos de calidade e marca, e, en definitiva, con mellor capacidade competitiva no mundo global. “As empresas deben ser as protagonistas destacadas das iniciativas e actuacións da política económica, como axentes fundamentais para a estabilidade e o desenvolvemento do sistema. A sociedade debe ser consciente da significativa e irremplazable importancia da empresa na creación de riqueza, emprego e benestar colectivo” –destaca–.

Neste escenario, a Cámara reafirma a súa vontade de colaboración e solicita o esforzo responsable e xeneroso para construír pontes de diálogo e consenso que permitan consolidar a recuperación e avanzar no progreso económico e social dos cidadáns e empresas españolas.votar