Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen mañá mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

_DSC8547A entrada desta actuación é gratuíta ata completar aforo

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

No marco deste programa, mañá mércores, 8 de xuño, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán o último concerto desta temporada no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia, acompañados pola pianista Haruna Takebe. En primeiro lugar actuará o violoncellista Juan Antonio Carrillo, que interpretará tres obras: Concerto para violoncello en Do maior de Haydn, Concerto para vioncello de Re maior tamén de Haydn e Suite para violoncello solo de Gaspar Cassadó.

A continuación o público terá a oportunidade de escoitar ao trompetista Diego Aragón, que tocará o Concerto para trompeta en Mi bemol maior de Franz Joseph Haydn e a obra Intrada do compositor suízo Arthur Honegger.

E a cita musical concluirá coa actuación da violinista Aida López. Interpretará parte do Concerto para violín nº 5 de Mozart.