“Dalia, a modista” está dirixida por Giselle Llanio, responsable de proxectos tan exitosos coma “Pazo de Familia” ou “Libro de Familia” e conta co guionista de “Gran Hotel” e “Bajo sospecha”, Eligio Montero
“Dalia, a modista” é unha nova miniserie da Televisión de Galicia, que se atopa en fase de gravación e que a canle pública ten previsto emitir en outubro de cara a nova tempada. Esta serie de TVG, realizada pola productora CTV, consta de catro capítulos e artéllase en torno a unha trama de misterio, amor e superación, ambientada nos anos 50.
A nova produción da Televisión de Galicia conta a historia de Dalia, unha moza modista que chega a Prescedo, coa súa máquina de coser Singer, na procura de respostas sobre o suicidio da súa nai. Alí, descubrirá a dobre vida que levaba a falecida e atoparase cun pobo cheo de segredos no que loitará por facer realidade os seus sonos de modista.
A serie está dirixida por Giselle Llanio, directora de exitosas series como “Libro de familia” e “Pazo de familia”, tamén emitidas na TVG.
O elenco está composto por unha longa lista de actores noveis econsagrados, moitos deles rostros habituais da TVG como María Mera, que participou en series como “Matalobos” ou “O Faro”; Manuel Sanmartín, quen deu vida ao famoso Manuel Cabanas de “Libro de Familia”; Luisa Merelas, quen protagonizou “Matalobos” e “O Faro”; Susana Sampedro, que deu vida a Erea en “O Faro”,ou Fernando González,quen fora un dos protagonistas da serie “Chapa e Pintura”. Tamén forman parte do equipo de actores e actrices Cristina Collazo, David Seijo, María Sánchez, Cristina Collazo, David Seijo, María Sánchez e Rebeca Stones.
A serie conta con Concha Fontenla como responsable de produción e con Eligio Montero, guionista de series como “Bajo sospecha” ou “Gran Hotel”. Ademais, a firma galega Nubbe Clothes será a responsable do vestiario co que se recrearán os anos 50 e o compositor Julio Montero encargarase de crear a ambientación musical da serie.
A gravación da miniserie, que se levou a cabo, entre outras localizacións, no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, e nos concellos de Noia e Vedra, rematou esta semana.