PREVISIÓN INFORMATIVA
ASUNTO Presentación do número 22 da revista “Gallegos”. Ciclo Martes das Artes
ORGANIZA Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA)
INTERVEÑEN Manuel Quintana Martelo, presidente da Academia Galega de Belas Artes
Alejandro Diéguez, director de Ézaro Ediciones
Vari Caramés, fotógrafo
LUGAR Real Academia Galega de Belas Artes praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1 –A Coruña–
DATA Mañá martes, 29 de marzo
HORA 20:00 horas
A Academia Galega de Belas Artes presenta mañá o número 22 da revista “Gallegos”
A Coruña, 28 de marzo de 2016
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) presentará mañá martes, día 29, o número 22 da revista “Gallegos”. Intervirán o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo, o presidente de Ézaro Ediciones, Alejandro Diéguez, e o fotógrafo Vari Caramés. O acto, que se celebrará ás 20:00 horas na sede da Academia, forma parte das actividades programadas dentro do ciclo os Martes das Artes, unha serie de encontros abertos a todo o público sobre o patrimonio cultural galego.
A revista, que publica Ézaro Edicións, comezou a súa andadura asumindo o compromiso de facer máis visible a realidade de Galicia. A publicación nace coa intención de servir de canle para dar a coñecer e promocionar a nosa terra e as cousas que nela ocorren. Gallegos edítase en galego e en castelán e pretende conxugar nos seus contidos tradicións, folclore e cultura popular cos novos valores emerxentes no ámbito empresarial, artístico, científico ou culinario, contribuíndo así a refrendar e apoiar un desenvolvemento de vangarda.
Nas páxinas de Gallegos colaboran, entre moitos outros, Fernando Acuña Castroviejo, Xavier Alcalá, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Barreiro Rivas, Perfecto Conde, Xosé de Cora, Victor F. Freixanes, Luísa Castro, Luis Caramés, Antón Lamazares, Fernando Ónega, Luis Mariñas, Antón Patiño, Manuel Rivas, Francisco Rodríguez, Ramón Villares, Henrique Monteagudo ou Xosé Ramón Fandiño.
A revista publícase cunha periodicidade trimestral e a súa distribución realízase non só a nivel autonómico e estatal, por medio de organismos oficiais, senón tamén a nivel internacional, a través das embaixadas de España e os centros galegos de todo o mundo.