PREVISIÓN INFORMATIVA
ASUNTO Acto público de ingreso na Academia Galega de Belas Artes de Enrique Jiménez
ORGANIZA Real Academia Galega de Belas Artes
LECTURA Enrique Jiménez – musicólogo
RESPOSTA Ramón Castromil – académico numerario da sección de música da Academia Galega de Belas Artes
LUGAR Capela do Hostal do Reis Católicos, Praza do Obradoiro, 1 – Santiago –
DATA Mañá sábado, 27 de febreiro
HORA 12:30 horas
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016 (Vía Láctea Comunicación).
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá sábado, día 27, unha sesión extraordinaria pública na Capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro, 1), ás 12:30 horas, para a recepción do académico electo da sección de múscia, Enrique José Jiménez Gómez.
Jiménez pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “A magna triloxía violinística galega do século XX”. O novo membro será contestado, en nome da institución, polo académico numerario da sección de música, Ramón Castromil Ventureira. A súa entrada na Academia foi aprobada por votación regulamentaria e con maioría absoluta na sesión ordinaria do 30 de maio de 2015 para cubrir unha vacante de nova creación.