Unha gran nave na Almáciga permitirá a partir de xullo que a xuventude de Santiago poida desenvolver as súas inquietudes artísticas

naveXosé Baqueiro, concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago: “A Nave é un edificio multifuncional pensado para crear producións artísticas que requiran un espazo de grandes dimensións e boas condicións técnicas”

O edificio albergará proxectos de música, arte, teatro e cine nunha superficie de 370 m2

Entre as producións previstas destaca un musical sobre a historia do pop español desde os anos 60 ata a actualidade


O alcalde do Concello de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; e o concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentaron esta mañá en Raxoi o proxecto para a construción do Centro Xove de Creación Cultural. A Nave. O edificio, que estará ubicado no contorno do C.E.I.P. Apóstol Santiago no monte da Almáciga, rematarase no mes de xullo. Ao acto tamén asistiu o arquitecto encargado do proxecto, Alfredo Varela. Bugallo explicou que se trata dunha actuación incluída na programa Urbana Santiago Norte, que contribuirá a “dinamizar a zona da Almáciga”.

A Concellaría de Xuventude pon en marcha o aulario do novo Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga con cursos formativos

almacigaO centro contou cun orzamento final de 90.942 euros para mobiliario e material de novas tecnoloxías

Impartiranse nove actividades entre os meses de febreiro e maio

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou a nova web do departamento – www.xuventude.eu –, cun deseño e contidos renovados


O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá a posta en funcionamento do aulario do novo Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Para a súa posta en marcha, a Concellaría contou cun orzamento final de 90.942, 94 euros (40.105 euros para o mobiliario e 50.837,94 euros para o material de novas tecnoloxías –informático e audiovisual–).

A Concellaría de Xuventude inaugurou onte unha exposición de pintura e escultura de Miguel Ángel Vigo, no Centro Sociocultural O Ensanche

MiguelangelTrazos, anacos e bosquexos estará aberta ao público ata o 26 de novembro [horario de luns a venres, de 9:00-14:00 horas e de 16:30-21:30 horas; e os sábados de 10:15-14:00 horas e de 17:15-20:45 horas]

A Concellaría de Xuventude de Santiago inaugurou onte no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche a exposición de pintura e escultura de Miguel Ángel Vigo.

Os grupos gañadores do segundo MúsicaXove’09 presentan o seu disco recopilatorio en Santiago

LiridadeO acto celebrarase o próximo xoves-2 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

O concelleiro de Xuventude de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, presentará este xoves, 2 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, o CD recopilatorio cos temas que os gañadores do II Certame de MúsicaXove’09 interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto tamén participarán compoñentes dos grupos musicais e contará coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.

A Concellaría de Xuventude ultima os preparativos para iniciar o servizo de voluntariado nos meses de verán

COMPOSTELAXOVEOs 31 participantes no programa COMPOSTELAXOVE 2010 percorrerán as rúas de Santiago prestando a súa colaboración aos visitantes e axudando na organización de actos e eventos

Os voluntarios asistiron a un curso básico de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e a un curso formativo organizado polo Departamento de Xuventude


O concelleiro de Xuventude de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou hoxe o programa de voluntariado COMPOSTELAXOVE 2010, acompañado polo director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro. O programa realízase en colaboración con varios colectivos sociais da cidade, como son IGAXÉS3, Centro Xuvenil Don Bosco, Xeneme e o Clube “Só lles falta falar”. Trátase dun traballo de sensibilización arredor do voluntariado que ofrece servizos de acollida e información aos diferentes grupos de mozos e mozas de todas as partes do mundo que visiten a cidade de Santiago de Compostela este verán (meses de xullo, agosto e setembro).