A cuarta edición de MúsicaXove enfrontará a seis de grupos de metal, pop-rock e outras músicas de Santiago, Vigo, Pontevedra e Noia
- Detalles
- Categoría: Xuventude Concello Santiago
- Published: Xoves, 05 Mai 2011 11:17
- Visitas: 1022
O concurso celebrarase mañá venres na Sala Capitol, a partir das 21:30 horas
• Concederanse dous galardóns especiais do público
• Os gañadores recibirán premios en metálico e a oportunidade de gravar un disco recopilatorio
O cuarto Certame MÚSICAXOVE´11, organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas de Santiago de Compostela, xa ten seleccionados aos seus participantes, un total de 6 grupos elexidos entre as 37 propostas iniciais de toda Galicia, tres deles de Santiago. A gran final, que se celebrará mañá venres na Sala Capitol con entrada gratuíta, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago, Xosé Baqueiro.
Este concurso ofrece a posibilidade de canalizar a creatividade das novas promesas musicais de Santiago e do resto de Galicia. “O certame é xa un concurso de referencia a nivel galego para grupos noveis que comezan a súa andaina no mundo da música” –indicou Baqueiro. Xa en 2010 presentáronse 43 bandas inicialmente, e foron seis os grupos elexidos para competir no certame, que se celebrou en dúas xornadas na Sala Capitol.• Concederanse dous galardóns especiais do público
• Os gañadores recibirán premios en metálico e a oportunidade de gravar un disco recopilatorio
O cuarto Certame MÚSICAXOVE´11, organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas de Santiago de Compostela, xa ten seleccionados aos seus participantes, un total de 6 grupos elexidos entre as 37 propostas iniciais de toda Galicia, tres deles de Santiago. A gran final, que se celebrará mañá venres na Sala Capitol con entrada gratuíta, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago, Xosé Baqueiro.
O concelleiro destacou que hai grupos gañadores de anteriores edicións que acadaron xa grandes éxitos. Sinestesia foi teloneiro de Miguel Bosé; Dirty Socks tocou no concerto de Nena Daconte nas festas da Ascensión ante 8.000 perosas, e recentemente gañaron o Levi’s Unfamous Music Awards Fall 2010, un concurso a nivel nacional da marca textil no que participaron 600 bandas; e tamén o grupo Frab Fly foi finalista nun concurso musical de Disney.
Os participantes competirán por ser os mellores na súa categoría musical: nesta edición en pop-rock e heavy-metal e outras músicas. Entre os requisitos máis importantes para poder participar destacan o non ter editado ningún disco, agás os autoeditados, nin contrato con algunha discográfica. En canto ao xurado, estará composto por especialistas do mundo da música, que valorará a utilización da lingua galega, tanto nas letras coma na imaxe da banda. Os seus membros son o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, en calidade de presidente; a directora da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez; o locutor dos 40 Principais Gabi Davila; o músico Carlos Arévalo; o xerente da Sala Capitol, Antonio García Borrazás; o promotor musical vinculado ao Reixa e á Sala Nasa, Francisco Villasenín; e o músico, Lucas Rey.
Os participantes tocarán obligatoriamente no concerto os dous temas presentados na maqueta e dous temas a maiores de elección libre. Os premios serán os seguintes:
1-Dous primeiros premios, un por modalidade, de 1.500 euros cada un.
2-Dous segundos premios, un por modalidade, de 800 euros cada un.
3-E por primeira vez, dous Premios Especiais do Público (para modalidades diferentes), de 250 euros cada un.
Ademais, os finalistas terán a posibilidade de participar na edición dun disco recopilatorio de cada unha das actuacións, e de promocionar a súa música con diversas actuacións musicais. Baqueiro explicou que para a organización do certame contouse cun orzamento de 16.000 euros.
Finalistas
A final celebrarase mañá, ás 21:30 horas na Sala Capitol, coa competición dos grupos de metal Kertuler (Noia) e The Venus’ Garden (Vigo); os finalistas na categoría de pop-rock, Glasgow (Santiago) e Velcro (Santiago); e noutras músicas competirán Pro-Visional (Santiago) e De Buena Tinta (Pontevedra).
Para facilitar o nacemento de grupos musicais, a xuventude de Santiago dispón dun local de ensaio en San Lázaro con dúas salas independentes onde contan co material básico para compoñer e tocar os seus temas. “Na actualidade hai 40 grupos ensaiando e formándose musicalmente nestas instalacións, e catro en lista de espera” –apuntou Baqueiro. Ademais, estas bandas reciben unha serie de master class nos locais, de dúas horas semanais durante dous meses. Os contidos do programa céntranse en aprender varios elementos clave, como a posta a punto dos instrumentos, interpretación corporal, arranxos musicais nas cancións ou imaxe nos escenario, entre outros.O encargado de esta formación musical é o músico Carlos Arévalo.
Os grupos tamén reciben respaldo en canto á promoción e difusión das súas actividades, con actuacións e concertos organizados pola Concellaría de Xuventude ou a través de colaboracións con outras institucións, salas de concertos e demais empresas. “Estes grupos dos locais de ensaio poderán tocar no novo Centro Xove de Creación Cultural. A Nave, con concertos semanais que se programarán tras a súa inauguración no próximo curso” –explicou Baqueiro. Esta obra, xa adxudicada, dispón dun orzamento de 183.932 euros.
Ademais, o departamento edita unha publicación cunha listaxe dos grupos que ensaian nos locais de ensaio, como un recurso importante para a promoción das bandas que alí teñen o seu punto de encontro e de ensaio, dirixida e distribuída entre a prensa especializada, departamentos de cultura e de festas dos concellos de Galicia, produtores musicais, salas de música e promotores de concertos.