Os grupos gañadores do segundo MúsicaXove’09 presentan o seu disco recopilatorio en Santiago

LiridadeO acto celebrarase o próximo xoves-2 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

O concelleiro de Xuventude de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, presentará este xoves, 2 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, o CD recopilatorio cos temas que os gañadores do II Certame de MúsicaXove’09 interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto tamén participarán compoñentes dos grupos musicais e contará coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.
Os Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela favorecen o ensaio estable de máis de 40 grupos de música da cidade, de luns a domingo, desde as 10:00 ata as 24:00 horas. Neles desenvólvense actividades formativas que están a procurar a estabilidade dun número significativo de grupos de música de Santiago.  

Desde a posta en marcha deste recurso, que favorece a práctica da música entre os mozos e mozas de Compostela, o Departamento de Xunventude desenvolve dúas liñas de traballo: o labor de promoción e de difusión das actividades, así como a organización de concertos para os grupos, ben por iniciativa do Concello a través de diferentes departamentos municipais, ou ben organizados por outras institucións, colectivos, salas de concertos, empresas do sector, entre outros.

Para reforzar o impulso dinamizador, o servizo municipal de Educación e Xuventude creou o Certame MÚSICAXOVE, que xa vai pola súa cuarta edición, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade. Ademais de ter como destinatarios aos músicos xóvenes que manteñen a súa actividade en Santiago, ábrese ao intercambio e á ampliación do circuíto, dando cabida a todas aquelas bandas e solistas que teñan como sede da súa actividade Galicia. Na segunda edición, na que participaron máis de 20 grupos, ademais dos premios en metálico, a iniciativa inclúe a gravación deste Cd conxunto dos premiados.

PREMIADOS

Metal
1º Premio…………………….………..CODENAME                  
2º Premio……………………..THE WEAK FORCE
3º Premio…………………………SOÑO ETERNO

Hip-hop
1º Premio………..………….………TRAMATURGIA    
2º Premio………………….………..MITO ESCRITO
3º Premio…………………BRONQUITIS CRÓNICA


Canción de Autor-Folk e outras músicas
1º Premio………………..LIRIDADE NOCTÁMBULA
2º Premio……………………ROBERTO SOBRADO
3º Premio…………. PI GRAOS (no momento do certame PERPETRADORES DE ACTOS)

Pop-Rock
1º Premio…………………………..DIRTY SOCKS
2º Premio………………………………..FRAB FLY
3º Premio…………………………AGORAPHOBIA