O Museo Casa da Troia abre de novo mañá xoves e poderá visitarse durante todo o verán

rua_troiaA Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que xestiona o museo, ofrecerá visitas dramatizadas á vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público mañá xoves, 14 de xullo. Poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechada, como é habitual, os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

Ler máis: O Museo Casa da Troia abre de novo mañá xoves e poderá visitarse durante todo o verán

O Museo Casa da Troia abrirá este verán, dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, tal como se decidiu esta mañá na reunión do seu Padroado

reunion_padroado_webO Consorcio de Santiago financiará as obras de mellora do tellado da casa, que se iniciarán despois de Semana Santa

O Padroado do Museo Casa da Troia, integrado pola Universidade de Santiago, o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a Asociación de Antigos Tunos Composteláns, ademais da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago, reuniuse esta mañá no Colexio de Fonseca. Na xuntanza decidiuse que o museo abrirá durante os meses de verán, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Ler máis: O Museo Casa da Troia abrirá este verán, dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, tal como se decidiu...

Manuel Fraga Iribarne visitou esta mañá o Museo Casa da Troia

visita_fraga_webManuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia entre 1990 e 2005, realizou esta mañá unha visita ao Museo Casa da Troia correspondendo cunha invitación que lle fixo a Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que preside Benigno Amor Barreiro.

Ler máis: Manuel Fraga Iribarne visitou esta mañá o Museo Casa da Troia

O Museo Casa da Troia reabriu hoxe cunha xornada de portas abertas

casa_troia2Poderá ser visitado durante toda a Semana Santa ata o día 24 de abril inclusive, de 11 a 14 e 16 a 20 horas

O seu padroado reunirase o 20 de abril en Fonseca para decidir se “abrir ou non” na temporada estival

O Museo Casa da Troia, que xestiona a Asociación de Antigos Tunos Composteláns,  reabriu hoxe cunha xornada de portas abertas. Poderá ser visitado durante toda a Semana Santa ata o domingo 24 de abril inclusive, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20. Neste período só pechará o luns 18 de abril.

Ler máis: O Museo Casa da Troia reabriu hoxe cunha xornada de portas abertas

O Museo Casa da Troia presenta unha edición conmemorativa do ano xubilar 2010 da novela homónima de Pérez Lugín

presentacion_novela_webIncorpora un limiar póstumo do impulsor do edificio romántico, Benigno Amor Rodríguez

O reitor da USC, Juan Casares, realizou esta mañá unha visita e destacou os máis de 4.000 visitantes


O mércores-15, día en que pecha o museo ata Semana Santa, as visitas serán gratuítas


O Museo Casa da Troia recibiu esta mañá a visita do reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, quen ponderou os magníficos datos en canto a visitantes: máis de catro mil en cinco meses. O Museo Casa da Troia aproveitou a visita do reitor, que tamén é o presidente do Padroado, para presentar unha edición conmemorativa do ano xubilar 2010 da novela La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín, que inclúe un limiar póstumo do auténtico mecenas e impulsor do edifico romántico, Benigno Amor Rodríguez. Da edición, en rústica, tiráronse setecentos cincuenta exemplares, que se poden mercar no propio museo ao prezo de doce euros.