Manuel Fraga Iribarne visitou esta mañá o Museo Casa da Troia

visita_fraga_webManuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia entre 1990 e 2005, realizou esta mañá unha visita ao Museo Casa da Troia correspondendo cunha invitación que lle fixo a Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que preside Benigno Amor Barreiro.

Recibiron a Fraga o propio Benigno Amor e o seu irmán Santiago, ademais doutros membros da Asociación troiana como Juan Fuentes e Norberto Proupín. Foi no ano 1993 cando se inaugurou o museo romántico, un acto que presidiu o propio Fraga baseado nunha simbólica recreación teatralizada da vida na vella pensión de estudantes, que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima.

Manuel Fraga, que esta mañá asinou no Libro de Honra na mesa de Gerardo Roquer –protagonista da novela–, manifestou que a Casa da Troia está entre as súas lembranzas máis entrañables de Santiago de Compostela, felicitou aos irmáns Amor e colaboradores presentes por manter o herdo de seu pai, Benigno Amor Rodríguez –impulsor e mecenas do museo–, e interesouse pola súa conservación e promoción.