O 15 de xuño remata o prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

Diríxese a estudantes de música que desexen perfeccionarse en violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión

Os aspirantes terán que pasar unhas probas de selección, que se celebrarán a finais de xuño

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis: O 15 de xuño remata o prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da Escola de...

A Real Filharmonía de Galicia estará presente no vídeo promocional das Cidades Patrimonio da Humanidade

Onte xoves graváronse as imaxes da orquestra tocando no seu concerto semanal no Auditorio de Galicia

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España está a gravar estes días en Santiago un vídeo promocional, co fin de difundir por todo o mundo os atractivos de cada unha das 15 urbes que conforman o grupo, incluída Santiago de Compostela. Entre as imaxes elixidas como representativas da capital galega atópase a Real Filharmonía de Galicia. Onte xoves pola noite gravouse á orquestra no Auditorio de Galicia, durante a celebración do seu concerto semanal de abono. 

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia estará presente no vídeo promocional das Cidades Patrimonio da...

El violinista finlandés Pekka Kuusisto toca esta semana con la Real Filharmonía de Galicia con un violín del año 1752

La orquesta contará también con la colaboración del violonchelista franco-alemán Nicolas Altstaedt 

La RFG ofrecerá dos conciertos, uno en Santiago el jueves y otro en Vigo el viernes, bajo la batuta de su director titular, Paul Daniel

La Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dos conciertos. El jueves 28 la orquesta tocará en Santiago, a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. Y el viernes 29 se desplazará a Vigo, donde actuará en el Teatro Afundación de la ciudad, a las 20:30 horas. En ambas citas llevará la batuta el director titular de la agrupación, Paul Daniel.

Ler máis: El violinista finlandés Pekka Kuusisto toca esta semana con la Real Filharmonía de Galicia con un...

Un total de 11 empresas optan a rematar as obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado en Santiago de Compostela

O prazo de execución das obras estímase en oito meses, polo que o centro estará plenamente operativo durante 2016

O Consorcio de Santiago sacou a concurso o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. Onte -26 de maio- remataba o prazo para que as firmas interesadas achegaran as súas ofertas. Presentáronse un total de 11 empresas. 

Ler máis: Un total de 11 empresas optan a rematar as obras do primeiro Centro Nacional de Formación de...

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen mañá martes un novo concerto no Paraninfo da USC

A entrada desta actuación é gratuíta ata completar aforo

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

Ler máis: Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen mañá martes un novo concerto no Paraninfo da USC