Os estudios composteláns Abalo Alonso e Nómada son finalistas dos premios internacionais APlus 2013

escolaourenseAs obras seleccionadas foron unha escola infantil no Campus universitario de Ourense e a cantina da Cidade da Cultura de Galicia

Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará o próximo xoves en Barcelona

Os estudios de arquitectura composteláns Abalo Alonso e Estudio Nómada son finalistas dos Premios Arquitectura Plus 2013 (APlus). Nesta cuarta edición presentáronse 107 proxectos enviados por 62 estudios de arquitectura. O xurado seleccionou 26 propostas finalistas nas categorías de espazos públicos e infraestruturas, edificos para o traballo, edificios para a educación, arquitectura deportiva e cultural, vivenda de promoción pública ou privada, arquitectura sanitaria, hoteleira, sostible e efémera –tres obras por categoría–, ademais dos premios extraordinarios A+ á mellor traxectoria profesional, que recaeu no arquitecto Carme Pinós,  e ao estudio xove de arquitectura máis prometedor, que foi para o despacho H Arquitectes.

O estudio Abalo Alonso, integrado polos arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, resultou finalista do Premio A+ ao mellor proxecto de arquitectura de edificios para a educación, polo seu traballo de deseño nunha Escola infantil no Campus Universitario de Ourense. Esta parella de arquitectos realizou un proxecto baseado na súa orixe nas cabañas entre as árbores e mesmo nos hórreos galegos, moi en sintonía cos xogos infantís de antaño. Crearon unha estrutura dunha soa planta por razón de uso e accesibilidade, cun zaguán habilitado para deixar os carritos. Ten unha sala de usos varios, despacho, vesiarios de persoal, cociña, sala de instalacións, roupeiros, aseos, aulas e zona de xogos.

O edificio está composto por catro pantallas de formigón con superficie dentada, coa subida e baixada do abastecementos de auga, saneamento, electricidade, telecomunicións e xeotermia  empotrados, e dúas losas horizontais que fan de solo e teito. No aspecto sostible do edificio, os ocos en planta e o patio central facilitan a xeración de ventilacións cruzadas que permiten a reducción de consumo enerxético artificial no verán, e unha boa orientación das aulas actúa á inversa no inverno, ao favorecer o aporte solar.

O despacho de arquitectura Estudio Nómada foi seleccionado polo seu traballo na Cantina da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela na categoría de mellor proxecto de arquitectura hotelera ou restauración. O arquitecto José Antonio Vázquez Martín e o interiorista Enrique de Santiago Roure dirixiron esta intervención no Gaiás para o seu uso como cafetería e tenda.

A proposta é unha combinación da idea contemporánea e actual coa cultura popular galega. As mesas dispuxéronse alargadas e en paralelo, baixo unhas árbores esquemáticas que evocas ás “romarías á sombra das carballeiras”. Unha cor xeométrica, emulando as manifestacións artísticas populares galegas, aparece representada nun largo mostrador.

Segundo os seus responsables, esta intervención consiste en elementos de mobiliario, sen afectar aos acabados do proxecto xeral, coa finalidade de enriquecer o ámbito de actuación con aspectos como a cor ou a madeira que aportan “escenografía vital e con carácter”, capaz de albergar calquera actividade.

A Cantina da Cidade da Cultura de Galicia recibiu en setembro de 2012 o máximo galardón dos “Restaurant & Bar Design Awards” ao conseguir o premio na categoría de “Best restaurant”, además do específico de “Canteen”.

Mención de honra para Spanish Dream

Noutra categoría, A+ ao mellor proxecto de arquitectura efémera, o xurado deciciu declarar deserta a candidatura, pero non sen antes destacar cunha mención de honra o traballo realizado polas arquitectos galegas Luz Paz, Ana Amado e Marta Marcos co proxecto Spanish Dream pola súa pertinente reflexión autocrítica sobre as consecuencias da crise e os esqueletos que deixou a arquitectura no camiño.

A elección final do proxecto gañador de cada categoría recaerá no público profesional asistente á cerimonia de entrega dos Premios de Arquitectura Plus, que se celebrará o próximo xoves, 13 de xuño, na azotea Top City do Hotel Princesa Sofía de Varcelona a partir das 18:00 horas.