A ministra de Fomento, Ana Pastor, sinala que se está a traballar no modelo de transporte de mercadorías por ferrocarril, de grande interese para os empresarios galegos

ministra_fomento_webDestacou que “el Gobierno está ofreciendo todo su apoyo para que Galicia sea la primera comunidad autónoma que salga de la crisis y empiece a generar empleo”

Fontenla mostroulle á ministra a relevancia que para o empresariado ten o impulso do AVE, as autovías do interior e as conexións de Galicia con Portugal

A ministra de Fomento, Ana Pastor, compartiu este mediodía un almorzo co Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), conformado por un nutrido grupo de representantes empresariais, en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás; e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

A ministra de Fomento destacou que as infraestruturas, o transporte e a vivenda son claves para o desenvolvemento económico e social do país, en particular para recuperar a competitivade e o emprego. Nesta liña, destacou que se está a traballar no modelo de transporte de mercadorías por ferrocarril, que, segundo indicou “tiene que dar un giro de 180 grados”, puesto que en España no llega al 4%, mientras que en buena parte de los países europeos supera el 20%”. E fixo referencia á importancia de conectar o transporte de mercadorías por ferrocarril cos portos e aeroportos.

“Galicia tiene que ser una de las zonas de España con mayor competitividad” -declarou a ministra-, quen lembrou que están destinados para o desenvolvemento de infraestruturas na comunidade 1.600 millóns de euros, máis do 21% da cantidade destinada o ano anterior. E recalcou que o primeiro compromiso do seu Ministerio é a alta velocidade, que “alcanzará su máxima rentabilidad económica y social cuando esté completamente operativa en toda España”.

Ana Pastor resaltou o impulso que se lle vai dar ao Eixo Atlántico, que “conseguirá en poco tiempo que Pontevedra, Vigo, Santiago y A Coruña estén bien comunicadas”. Así mesmo, destacou a importancia da autovía A-8 e do corredor do Cantábrico, “uno de los más importantes compromisos de este Ministerio”. E sinalou a urxencia de dar unha resposta alternativa que permita o libre peaxe no Eixo Atlántico.

A ministra de Fomento declarou que “los puertos y aeropuertos gallegos son elementos clave para la competitividad de nuestras empresas pero tienen que ser competitivos”. En relación a este tema, adiantou que se está a avanzar nun plan de negocio para que ningún aeroporto dea perdas, lograr atraer máis visitantes estranxeiros e aprobar un comité de coordinación de aeroportos galegos, no que participe a Xunta de Galicia e os axentes sociais.

Medidas de estimulación do crecemento

“El Gobierno de España está ofreciendo todo su apoyo para que Galicia sea la primera comunidad autónoma que salga de la crisis y empiece a generar empleo” -manifestou a ministra-. E salientou que cómpre en particular axudar ás pemes e aos autónomos, xa que representan o 80% do tecido produtivo e o motor da economía. Nesta liña, indicou que se están a tomar medidas de urxencia para incrementar o fluxo crediticio, que favoreza a actividade empresarial e a creación de emprego. “La consolidación fiscal es fundamental porque hasta ahora las entidades bancarias tenían que financiar en muchas ocasiones a la Administración y los créditos no llegaban a las empresas” -apuntou-.

En relación á falta de competitividade externa, Ana Pastor afirmou: “Animo a que las empresas gallegas se internacionalicen porque la internacionalización es la clave del futuro de la economía”. Resaltou que España ten un enorme potencial no eido da enxeñaría e a obra civil. E declarou que se está a avanzar para “lograr mejoras de la competitividad de nuestra industria y modernizar la base industrial de nuestro país”. No caso concreto do sector naval e do tax-lease, asegurou que se está a traballar para que recupere as condicións de competitividade e arrastre á economía galega.

A importancia das infraestruturas para os empresarios

Pola súa parte, o presidente da CEG, Antonio Fontenla, manifestoulle á ministra a preocupación dos galegos en relación ao AVE, “unhas das infraestruturas máis desexadas e prioritarias”. E salientou que “os empresarios galegos queremos as mesmas oportunidades que se conceden a outros territorios e loitaremos pola súa concreción”.

Á marxe da liña de alta velocidade, o representante da CEG sinalou outras áreas de interese empresarial, en particular a necesidade de progresar no transporte de mercadorías por ferrocarril, ao que se referiu como “unha das claves económicas para os vindeiros tempos”. Tamén destacou a importancia do desenvolvemento das autovías do interior. En relación a este tema, declarou que “o desequilibrio territorial que se constata en Galicia demanda unhas conexións modernas para nivelar esas desigualdades e proporcionar novas oportunidades de progreso”.

Ademais, Fontenla afirmou que “as conexións entre Galicia e o norte de Portugal son igualmente necesarias”. E agradeceu o proposta realizada pola ministra no transcurso do cumio empresarial hispano-luso, celebrado a semana pasada en Oporto, “unha proposta en liña coas demandas que sostemos os empresarios”.

O voceiro dos empresarios galegos expresou ante a ministra “a nosa fonda preocupación pola deriva que presenta a economía”. E resaltou que, ademais das reformas que está a emprender o Goberno, “cremos necesarios certos estímulos que incentiven o crecemento. O axuste é inevitable, pero desexamos que as medidas de dinamización da economía figuren tamén na axenda tanto da Unión Europea como deste Goberno”.