A Antena Local de Boiro organiza o venres un taller gratuíto sobre escaparatismo na Asociación de Empresarios de Riveira

escaparateEncarnación Juncal impartirá unha sesión teórico práctica na que os alumnos coñecerán diversos materiais para crear as súas montaxes comerciais

O seminario comezará ás 14:30 horas

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago organiza o venres, 31 de maio, un obradoiro gratuíto sobre escaparatismo e creación de ideas en Riberia. Celebrarase na Asociación de empresarios de Riveira, situada na rúa Rosalía de Castro, 13- entreplanta, ás 14:30 horas.

O seminario estará impartido pola profesional do interiorismo, merchandising e escaparatismo de grandes firmas comerciais Encarnación Juncal. Durante a súa intervención, de tres horas de duración, a experta explicará como crear un escaparate con efecto visual. Segundo Juncal, as demostracións de marketing visual son imprescindibles para os negocios e axudan ao “fomento das vendas ou a quedarse en stand by pola desmotivación actual”.

Encarnación Juncal apunta que un escaparate actual non debe pasar desapercibido pola súa composición con obxectos “caprichosos e inesperados”, elixidos para sorprender aos clientes coa narración dunha historia visual.

Para alcanzar esta meta, Encarnación Juncal expón os pasos que debe seguir un comerciante para proxectar unha correta imaxe visual do seu negocio. O primeiro será a espionaxe para coñercer o artigo ou o produto de venda, as súas posibilidades, coñecer aos clientes, á competencia e á zona de influencia, ademais de estar ao día nas tendencias, dominando o “máis In e o Out”.

Outra fórmula será buscar unha idea máxica, baseada nas experiencias persoais ou en técnicas de marketing colectivo como o brainstrorming ou tormenta de ideas, que o comerciante deberá gardar, anotar, documentar con fotografías e finalmente filtrar para facilitar o traballo comercial do ano. “Nunca hai límite nin regras nas ideas nin na orixinalidade” –explica Encarnación Juncal–.

Cartón pluma, vinilos e mobles vintage

Un aspecto fundamental para a experta é que o comerciante sexa capaz de poñer en práctica a súa montaxe, coñecendo os materiais, revestimentos, útiles de traballo e sistemas de exposición como os maniquíes, bustos ou módulos. Como apoio á parte teórica, os alumnos poderán experimentar con diversidade de materiais, desde porex, cartón pluma en diferentes texturas e cores, metacrilatos, vinilos, telas, dms ou resinas, e o uso de elementos en tendencia como mobles vintage, materiais reciclados ou bodegóns barrocos de flores multicor. “O coñecemento de materiais e a súa correta manipulación ampliarán as posibilidades de conseguir un maior éxito do noso escaparate” –salienta Juncal–.

Para unha maior aprendizaxe, durante o taller realizaranse pequenas mostras de atrezos. Ademais, Encarcanción Juncal proxectará material fotográfico de Galicia e de ámbito internacional e ofrecerá presupostos do material usado, lugares onde adquirilo e contactos con provedores.

Na recta final do proceso creativo, Encarnación Juncal fai fincapé na importancia do boceto que servirá de referencia durante a montaxe, evitando escaparates pouco efectivos. Con todo listo, a experta indica que xa chegou o dia do to play, o estreno do escaparate, coidando a iluminación e colocando os prezos dos artigos.