A riqueza termal de Galicia atraería a usuarios doutros países se os tratamentos que se aplican nos balnearios estivesen recoñecidos polo Sergas
- Detalles
- Categoría: Balnearios de Galicia
- Published: Domingo, 02 Xuño 2013 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 807
Aproveitaríanse da existencia dunha Directiva europea de asistencia sanitaria transfronteiriza
Galicia ten o 15% dos mananciais de auga mineirmedicinal, o 18% dos balnearios e o 10% das plantas de envasado de auga de España
O curso da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia clausúrase esta tarde. Será ás 18:30 horas, na aula 4 do edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ao acto asistirá o director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; xunto coa directora médico dos balnearios de Caldaria Termal e coordinadora docente desta iniciativa, Dolores Fernández Marcos. Acudirán ademais varios directores médicos de diferentes establecementos termais da comunidade.