Galicia é unha das comunidades líderes no sector mineiro, cunha facturación superior aos 700 millóns de euros e 6.300 empregos directos
- Detalles
- Categoría: Balnearios de Galicia
- Published: Luns, 28 Marzo 2011 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 858
Os 21 balnearios e as 9 plantas embotelladoras de Galicia facturan 110 millóns de euros e dan emprego a 2.500 persoas
O conselleiro de Economía presentou esta tarde os resultados de dous estudos sobre as augas minerais e os minerais industriais de Galicia
Esta tarde presentáronse no balneario de Mondariz os resultados de dous estudos realizados polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), do Ministerio de Ciencia e Innovación, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria. Trátase da “Historia y evolución científica y técnica del conocimiento de las aguas minerales de Galicia” e do “Mapa de rocas y minerales industriales de Galicia”. Nesta iniciativa participan tamén a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia (AEITEGAL) e a Asociación de Balnearios de Galicia.