A Asociación de Balnearios de Galicia advirte de que se a cidade de Ourense aspira a ser a capital termal de Galicia debe cumprir a normativa do sector

termas_xaponesas_webDenuncia a situación ilegal das termas, que non teñen autorización da Consellería de Industria nin da de Sanidade

A Asociación de Balnearios de Galicia participa nas xornadas profesionais de termalismo que se están a celebrar en Ourense. Na súa intervención desta tarde, o xerente da entidade, Benigno Amor, abordou o valor da auga mineiromedicinal como elemento diferenciador e motor económico para a comunidade galega.

Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia advirte de que se a cidade de Ourense aspira a ser a capital...

A Facultade de Medicina da USC acolle a presentación dun manuscrito inédito de 1905 do prestixioso doutor Gil Casares, no que se destacan os beneficios terapéuticos da auga da fonte de Sela, situada en Arbo

asistentes_sela_webO alcalde da época encargouse da súa comercialización como auga de bebida, que se vendía “nas principais farmacias e droguerías de España, Portugal e América”

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia presenta esta tarde na Facultade de Medicina da USC o libro ”La Fuente de los Templarios”. Trátase dun manuscrito inédito do distinguido médico compostelán Miguel Gil Casares, xunto con outros documentos e fotografías antigas, sobre as augas da fonte de Sela, localizada na localidade homónima, no municipio pontevedrés de Arbo.

Ler máis: A Facultade de Medicina da USC acolle a presentación dun manuscrito inédito de 1905 do prestixioso...

Os futuros médicos achéganse no balneario de Compostela ás técnicas de hidroterapia destinadas a abordar doenzas da pel

balneario_brion_webCoñecerán as características das súas augas sulfuradas, que teñen a capacidade de aumentar un tipo de antioxidante

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, mañá sábado celébrase no balneario de Compostela (situado no concello coruñés de Brión) unha xornada centrada nas indicacións terapéuticas das augas mineiromedicinais desta instalación termal. Ademais de asistir ás sesións teóricas, os futuros médicos terán a oportunidade de coñecer dunha maneira práctica as técnicas de hidroterapia que se aplican no balneario, en particular as destinadas a abordar doenzas da pel.

Ler máis: Os futuros médicos achéganse no balneario de Compostela ás técnicas de hidroterapia destinadas a...

Expertos en hidroloxía médica aseguran que o tratamento das doenzas crónicas con augas mineiromedicinais pode ser tan efectivo como a medicina convencional

dr_miguez_webNa actualidade hai un elevado número de enfermidades crónicas debido ao estilo de vida e ao excesivo envellecemento da poboación

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, esta tarde o doutor Luís Rodríguez Míguez, codirector da Cátedra, pronunciará unha conferencia sobre a evolución histórica do termalismo e dos balnearios galegos. Será ás 18:30 horas, no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ler máis: Expertos en hidroloxía médica aseguran que o tratamento das doenzas crónicas con augas...

Os médicos especialistas en hidroloxía médica aseguran que a cura termal como tratamento do estrés debe durar alomenos tres semanas

laias_webOs futuros médicos achéganse ás técnicas de hidroterapia que se aplican para tratar trastornos como a ansiedade, o cansancio crónico ou o insomnio

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, mañá sábado celébrase no balneario de Laias (situado no concello ourensán de Cenlle) unha xornada centrada no tratamento do estrés e outras patoloxías afíns a través da balneoterapia. Ademais de asistir ás sesións teóricas, os futuros médicos terán a oportunidade de coñecer dunha maneira práctica as técnicas de hidroterapia que se aplican neste eido. Tamén participarán nesta iniciativa facultativos de atención primaria.